"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Acción e efecto de desbandarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separarse desordenadamente e en direccións distintas un grupo de persoas ou animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar cousas ou animais que formaban parella.

    2. Rachar o parecido ou igualdade que existe entre dúas ou máis cousas.

    3. Separar irmáns propiciando que desapareza a súa relación.

    4. Romper a relación de irmandade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desmandarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar de acatar o mando dalgunha persoa.

      2. Deixar de obedecer un animal a quen o guía e botarse a correr.

    1. Actuar unha persoa sen moderación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido o réxime de transición presidido polo xeneral Dámaso Berenguer (28.1.1930-14.2.1931), que substituíu a Ditadura de Primo de Rivera. Aplicouse tamén ao goberno presidido polo almirante Juan B. Aznar (18.2.1931), que preparou as eleccións do 12 de abril de 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao carballo ou á aciñeira cargada de landras ou cando estas son de diferente esmalte ca o resto da árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rachar violentamente unha peza de roupa ou un anaco de tea.

    2. Destrozar unha cousa ata deixala inutilizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trigo rústico de cultivo tradicional, propio de terreos pobres de rexións montañosas, que responde a ecotipos autóctonos das especies Triticum spelta, Triticum diococcum, Triticum turgidum e Triticum vulgare. Os primeiros restos de escanda localizáronse en xacementos de Oriente Próximo, datados no VII milenio a C, e o primeiro cultivo data da Europa neolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar escándalo.

    2. Indignarse ou irritarse por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medir a profundidade da auga mediante o escandallo ou outro instrumento.

    2. Aplicar a un produto o réxime de escandallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de chumbo posta no extremo dunha corda fina que serve para determinar a profundidade do mar, dun río, etc, nun punto determinado.

    2. Determinación do custo ou valor dun produto con relación aos factores que o integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído ou barullo excesivo provocado xeralmente por voces.

    2. Feito, acontecemento ou dito considerado inmoral ou contrario ás conveniencias sociais, que dá lugar a indignación ou censura na opinión pública.

    3. Situación ou acción que se considera intolerable e provoca indignación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Ferrol en 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela triangular ou trapezoidal que se larga sobre as cangrexas. Está formada por unha aresta no pico e por outra no mastro. É característica dos bergantíns, das polacras, das goletas e dos balandros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca escándalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esfargallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se axusta a un tipo ou modelo que copia e repite un patrón moi estendido.

      1. Tipo, modelo ou patrón que se considera un exemplo claro para ser imitado.

      2. ariedade dunha lingua que, en sociolingüística, dispón dun status máis elevado dentro dunha comunidade ou nación. Prototipicamente, esa variedade baséase na fala e escrita de falantes nativos con estudios. Ademais, acostuma ser a variedade utilizada polos medios de comunicación e na literatura, a escollida na descrición gramatical e lexicográfica e a que se ensina nas escolas e aos falantes non nativos que a aprenden como segunda lingua. En determinados casos, pode coincidir coa variedade que se fala na capital política ou cultural dun país. Así, por exemplo, o francés estándar coincide en boa medida co falado polas clases medias parisinas. Non obstante , noutros casos o estándar constitúe un rexistro vinculado a determinados usos lingüísticos formais. Esta variedade lingüística adoita promoverse mediante a selección e codificación dunha forma relativamente homoxénea que poida ser utilizada en diferentes ámbitos sociais e cumprir determinadas funcións lingüísticas dentro da comunidade,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estandarizar.

    2. Proceso de unificación e modernización dunha lingua que consiste en provela dos rexistros necesarios para o seu uso en todas as funcións sociais. Prototipicamente, este proceso realízase sobre o corpus da lingua utilizado para as funcións medias e altas antes ca sobre os rexistros coloquiais e os niveis máis informais, adoito de creación espontánea e non condicionada. Trátase dunha das áreas básicas da planificación lingüística, disciplina que xurdiu na década de 1960 e que se divide principalmente en dúas seccións: planificación do status e do corpus; nesta última inclúese a estandarización. Dentro dela, algúns autores, como Einar Haugen, asignáronlle a selección, codificación, implementación social e modernización de variedades lingüísticas. A estandarización como tal pode producirse como resultado dun proceso relativamente espontáneo, en comunidades lingüísticas coincidentes cun Estado que, de xeito temperá, tomou esa lingua como propia ou oficial. Non obstante , en situacións non coincidentes...

    VER O DETALLE DO TERMO