"Arán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 317.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Pelé, en 1956 ingresou no Santos, club de São Paulo co que gañou dúas edicións da Copa Libertadores (1962 e 1963), da Copa Intercontinental (1962 e 1963) e cinco títulos consecutivos do Campionato de Brasil (1961-1965). É o único xogador da historia que logrou tres triunfos na Copa do Mundo, en Suecia (1958), Chile (1962) e México (1970). En 1995 foi nomeado ministro extraordinario de Deportes de Brasil e en 2000 a FIFA nomeouno mellor xogador do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Foi presidente da Deputación de Ourense (1973-1974), do consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense e vicepresidente de SODIGA. Foi procurador en representación da Deputación de Ourense nas Cortes (1973-1974) e senador por Alianza Popular-Partido Demócrata Popular (1982-1986) e por Coalición Popular (1986-1989). En 1990 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Agricultura Gandería e Montes en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Croacia (3.619 km2; 326.446 h [2001]). A súa capital é Osijek.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida alcohólica, de entre 25° e 30°, orixinaria de Nafarroa. Presenta cor rosada e sabor doce, e prodúcese pola maceración de abruños en augardente anisada.
-
RIOS
Río de América do Sur, que en parte sinala o límite entre Brasil e Paraguay, e entre Paraguay e Arxentina. Fórmase pola unión dos ríos Grande e Paranaíba, que se orixinan no altiplano de Brasil. No tramo brasileiro presenta as características dun río de altiplano, con dúas series de cataratas: o salto do Urubupungá e o salto de Sete Quedas. Os afluentes pola esquerda (Tietê, Paranapanema, Ivaí, Iguaçú) presentan tamén numerosas cataratas, das que destacan as do Iguaçú. En Corrientes, recibe as augas do seu grande afluente, o Paraguay. Entre Santa Fe e Rosario o río modifica a súa dirección e atravesa La Pampa, antes de chegar a unha especie de delta interior que precede ao esteiro de Río de La Plata, onde desemboca, tras un percorrido de 3.700 km. É unha importante vía navegable; os barcos oceánicos de tonelaxe regular poden chegar a Rosario e Santa Fe, os de rexistro inferior chegan a Corrientes e os máis pequenos poden chegar ata Paraguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Entre Ríos, Arxentina, na rexión Litoral, situada na beira esquerda do Paraná (256.602 h [1999]). É un porto de exportación de cereais, gando bovino e produtos de gandaría ovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do S de Brasil, comprendido entre os de São Paulo ao N e Santa Catarina ao S (199.709 km2; 9.563.458 h [2000]). A súa capital é Curitiba. O territorio comprende unha pequena rexión costeira no Atlántico, coas baías de Paranaguá e de Guaratuba. A serra do Mar separa esta zona do altiplano interior. Cómpre diferenciar varios sectores no altiplano: un sector oriental, inmediato á serra do Mar; a plataforma de Curitiba, a parte máis habitada e máis antigamente colonizada; a plataforma dos Campos Gerais, ao N do val do río Itararé; e a plataforma de Guarapuava, a máis extensa e atrasada do territorio. A actividade agrícola é o principal recurso económico do estado. O predominio do café ocasiona unha submisión da economía do estado ás variacións do curso do mercado mundial. A industria concéntrase arredor dos principais núcleos urbanos e nela predominan os sectores alimentario e químico.
-
RIOS
Río de Brasil que baixa da serra da Canastra e que, xunto co río Grande, forma o Paraná, despois dun percorrido de 800 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada na costa sudoriental da baía de Manila (308.000 h [1990]). A expansión urbana de Manila converteuna nun suburbio meridional desta cidade. Son tradicionais os bordados a man. O aeroporto internacional de Manila está nesta cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ribeira dereita da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Esteiro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Nas súas novelas e ensaios exaltou o humanismo e os valores da civilización occidental. Destacan as súas novelas Dysk olimpijski (O disco olímpico, 1932) e Niebo w plomieniach (O ceo en chamas, 1935), así como os ensaios Godzina śvódziemnomorska (Horas mediterráneas, 1949), Zegar slonenczwy (As horas do sol, 1953) e Petrarka (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feluxe ou capa negra que o fume e a graxa van formando na cheminea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás manifestacións sistémicas que aparecen en enfermos cancerosos, que teñen unha evolución relacionada coa do cancro, pero sen ningunha clase de relación anatómica directa con este nin coa metástase. Unha vez extirpada a neoplasia, adoitan desaparecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barreira que se constrúe á beira dunha vía de montaña, para impedir ou limitar a invasión da plataforma pola neve impulsada polo vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comparación ou semellanza que se establece entre dúas cousas ou persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter tipográfico de 20 puntos.
-
-
Facer comparación dunha cousa con outra.
-
Xustificar nunha liña as letras, adornos, signos, etc, de corpos diferentes.
-
-
-
-
Persoa, amiga do noivo, que na Antigüidade ía buscar a noiva á casa de seus pais para levarlla ao noivo.
-
Persoa que apadriñaba un casamento.
-
-
-
Persoa que anunciaba o comezo do curso nas universidades e que estimulaba ao estudo cunha oración retórica.
-
Salón dalgunhas universidades ou doutros centros de ensino en que se inaugura o novo curso ou se realizan outros actos que revisten carácter solemne.
-
-
-
-
Pedra da lareira que se emprega para tornar a borralla.
-
Estante aberto da cociña sobre o que se poñen cousas.
-
Pedra, en forma de viseira, que leva o forno na boca ou na porta.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Regueiro (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO