"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Que depende do azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū Ishāq Ibrāhīm ibn Ya Palatino; ḥ yà al- Zarqālī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico antifúnxico producido pola bacteria Streptomyces fragilis ou por síntese artificial. Utilízase tamén como axente antineoplástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico semellante á timina. O seu desoxirribósido, azatimidina, é un potente inhibidor in vitro da biosíntese do DNA por parte de células neoplásticas e normais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia derivada da 6-mercaptopurina que se descompón a 243°C e é inestable en solucións alcalinas. Emprégase en Medicina como inmunodepresor no transplante de órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir impos ou xemidos entrecortados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén son coñecidas as montañas de Aïr, en Níxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito federal de México, actualmente suburbio residencial da capital. Foi unha das cidades máis importantes de México antes da conquista. Habitada polos tapanecas, obtivo a hexemonía a mediados do s XIV reinando Tezozomoc. Os seus dominios estendíanse polos territorios das cidades veciñas de Texcoco e Colhuacan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xurista, educador e sociólogo. De tendencia liberal e crítico coa Restauración, en 1873 incorporouse ao partido republicano progresista de Ruiz Zorrilla. Expulsado da cátedra de Dereito Comparado en 1876, foi cofundador da Institución Libre de Enseñanza, que máis tarde dirixiría. Foi deputado de 1886 a 1916, e presidiu a conxunción republicano-socialista (1909). Nos últimos anos da súa vida pasou ao partido reformista de Melquíades Álvarez. Presidiu o Instituto de Reformas Sociais desde 1903. De entre as súas obras destaca El régimen parlamentario en la práctica (1885). É un dos fundadores da Socioloxía española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista, debuxante e escritor. Colaborou como guionista con Marco Ferreri nas seguintes obras: El pisito (1958), El cochecito (1960) e L’ape regina (1963); con Luís García Berlanga en: Plácido (1962), El verdugo (1964) e Tamaño natural (1973), e con Carlos Saura nos guións de: Peppermint frappé (1967), El jardín de las delicias (1970) e La prima Angélica (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Massimo de Taparelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das mesturas azeotrópicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á mestura de dous ou máis líquidos volátiles que a unha presión determinada ten un punto de ebulición constante e destila sen cambio de composición, é dicir, que o vapor ten a mesma composición ca o líquido. Cando a ebulición se verifica a unha presión diferente, cambia o punto de ebulición e tamén a composición. Unha mestura azeotrópica chámase de punto de ebulición máximo cando este é máis alto ca o dos seus compoñentes (azeotropia positiva) e de punto de ebulición mínimo cando é máis baixo (azeotropia negativa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura azeotrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os teclados adaptados á lingua francesa que empregan certos ordenadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor universitario e crítico. Destacado investigador no mundo da Filoloxía, da Lingüística e da Crítica Literaria. Profesor da Universidade do Estado de Rio de Janeiro e da Universidade Federal -en calidade de docente de Literatura Portuguesa e Brasileira-, acudiu como profesor visitante a algunhas universidades de prestixio, como as de Colonia (1968) e Coimbra (1972).
    O seu campo de estudo é moi amplo, tanto en temas (lingua, literatura, crítica literaria) como en épocas (desde a Idade Media ata o Modernismo). Como libros ten publicadas máis de cincuenta obras, así como outros moitos estudos que viron a luz en revistas especializadas ou numerosos artigos publicados nas actas dos congresos nos que interviu. De toda a súa produción destacan, entre outros, libros dedicados á figura de Camões -autor no que está especializado- (O cânone Lírico de Camões,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Iniciou a súa obra dentro do Idealismo indíxena, pero evolucionou despois cara a un Naturalismo semellante ao de Zola, cunha marcada preocupación social. As súas obras máis importantes son: O mulato (1881) e Casa de pensão (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico formado pola lectura de Leopardi, Espronceda, lord Byron e outros. Malia ter morto moi novo, influíu considerablemente no Romantismo brasileiro. A súa obra lírica compílase na Lira dos vinte anos (1853). Escribiu narracións ao xeito de Hoffman no libro Noite na Taverna (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO