"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2brea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de orixe celta que significa ‘xefe dunha briga’, sendo briga unha ‘altura, elevación, monte’ e, por extensión semántica, ‘comunidade que vive nunha altura’. O elemento céltico brig, que forma parte deste topónimo, foi moi produtivo na toponimia galega, pois deu lugar ao -bre que levan tantos nomes de lugar como Barallobre, Callobre, Xobre, O Grove, Alcabre, Cecebre, etc. Breogán é o patriarca fundador da nación galaica, que a tradición remonta á Idade do Bronce (1º milenio a C), e ao que se lle atribúe a fundación de Brigantium ou Brigantia (A Coruña ou Betanzos). Entre as moitas lendas de heroes míticos semellantes ás galegas que están espalladas por terras de Irlanda e Bretaña, destaca a de Breogán (en gaélico Breoghan), recollida no manuscrito irlandés do s XII Leabhar Ghabhála ou Libro das invasións, copia doutros anteriores do s VIII redactados por monxes irlandeses. Despois da desgraciada expedición do seu fillo Ith, quen embarcara...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe e caudillo lendario galego ao que se lle atribúe a fundación da antiga cidade de Brigantium. A primeira mención que se fai deste personaxe é no Leabhar Ghabhála ou Libro das Invasións irlandés. Foi escrito no mosteiro irlandés de Terryglass no s XII, pero nel recóllense lendas e relatos anteriores (s VI-VII). Segundo esta fonte, Breogán era o rei dun gran territorio dentro da Península Ibérica. Era descendente dos escitas, que despois de moitas penalidades se estableceron na Península e dos que Breogán foi rei. El foi quen fundou a cidade de Brigantium ou Brigantia, da que se coñece a súa existencia grazas aos distintos historiadores latinos. Aínda hoxe se discute se a cidade de Brigantium se corresponde coa Coruña ou con Betanzos, sendo maioritaria a opinión dos que a localizan nesta primeira cidade, xa que a presenza da Torre de Hércules se identifica co gran faro que mandou construír Breogán nas proximidades de Brigantium. Conta o Libro das Invasións que Breogán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun proxecto, inspirado na lenda de Breogán, que puxeron en marcha algúns investigadores novos da Universidade de Santiago entre os anos 1974 e 1976. Consistía na realización dunha expedición marítima desde Galicia a Irlanda, seguindo o ronsel doutras aventuras similares como a que levou a Thor Heyerdahl a atravesar o Pacífico nunha embarcación feita de xuncos. O seu traballo inicial consistía na construción dun prototipo de barco, de vimbio e coiro, ao xeito dos que se utilizarían en Galicia na época prerromana. Para o prototipo baseáronse nas referencias dos autores clásicos, no sistema de construción dos curraghs (pequenos barcos pesqueiros de Irlanda e Gales) e nos datos da arqueoloxía mariña. Os petroglifos bretóns de motivos mariños e o petroglifo galego de Borna supuxeron outra fonte de inspiración. Malia os problemas para construír a armazón do barco e para o curtido, cosido e impermeabilización do coiro, o prototipo foi probado con éxito na ría de Vigo. A nave posuía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo publicado en xullo de 1972 en Quebec-Montreal (Canadá). Cesou aos dous anos, trala imposibilidade de obter colaboracións e medios económicos para seguir editándoo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Breogán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de Teatro escolar creado en 1970 por Xosé Redondo no Colexio Anxo da Guarda, na Coruña, que desenvolveu unha intensa actividade ata mediados da década dos oitenta. A súa traxectoria, marcada por máis de quince espectáculos, constitúe un exemplo da vizosidade do teatro escolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración brusca e súpeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran pazo de Milán, construído en 1615 e reconstruído en 1686. Alberga a Biblioteca Nacional Bridense, creada en 1773, e a Pinacoteca Brera, fundada en 1803, un dos museos máis importantes polo seu conxunto de pintura italiana. Tamén acolle un observatorio astrolóxico e unha academia de belas artes.
-
CAPITAIS
Capital da provincia italiana de Brescia, en Lombardía, situada na saída do val Trompia (190.909 h [estim 1998]). As súas actividades económicas baséanse no aproveitamento dos recursos agrícolas (froitas, viñas e horta); no comercio, baseado no intercambio entre os Alpes e a chaira, e na industria (metalúrxicas, material ferroviario, mecánicas e produtos químicos). Ten unha gran tradición a fabricación de armas e constitúe un nó de comunicacións. Fundada polos celtas, foi conquistada polos romanos no 225 a C, que lle puxeron o nome de Brixia. Foi saqueada por Atila no 452, e nos ss VI-VIII foi a capital dun ducado longobardo. Dende o s XI constituíuse como unha cidade libre ata que, finalmente, caeu baixo o dominio de Venecia en 1426. Durante o período veneciano foi unha das cidades máis ricas e máis prósperas da Lombardía. En 1797 foi conquistada polos franceses, e en 1815 foi cedida a Austria; dende o 1860 forma parte de Italia. Do seu patrimonio arquitectónico salientan a catedral vella...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Lombardía, Italia (4.784 km2; 1.088.346 h [estim 1998]). A súa capital é Brescia.
-
PERSOEIRO
Economista. Estivo preocupado sobre todo polos problemas do contraste estatístico das teorías. Insistiu no feito de que a política keynesiana conduciría inevitablemente á inflacción. No 1945 foi nomeado presidente do Banco de Roma; no 1947, director executivo do BIRD e, no 1953, ministro de Comercio en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador francés, admirador de Rembrandt. Realizou, especialmente, augafortes e litografías, onde reflectiu o seu gusto pola fantasía cunha temática de escenas bíblicas e de paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do voivodato homónimo, en Silesia, Polonia, situada preto do Oder (642.700 h [1996]). É o centro comercial e industrial máis importante de Silesia, destacando as empresas de maquinaria eléctrica, locomotoras, cervexeiras e de fibras téxtiles artificiais e sintéticas. É un importante nó de comunicacións fluviais e terrestres; ademais, conta cun dos principais aeroportos do país. O equipamento de ensino superior da cidade é a Uniwersytet Wroclawski im Boleslawa Bieruta, fundada en 1945. Entre os monumentos da cidade cómpre destacar a catedral de San Xoán Bautista (ss XIII- XIV), as igrexas góticas e a casa consistorial (ss XIV-XV). A cidade, de orixe eslava, formou parte de Polonia dende finais do s X. No 1335 foi incorporada a Bohemia, para logo pasaren ambas á xurisdición dos Habsburgo no 1526. Cedida a Prusia no ano 1742, foi asediada posteriormente polos franceses entre 1806 e 1807.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Silesia, Polonia (6.287 km2; 1.137.300 h [estim 1998]). A capital é Breslau.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de san Bartomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
País de Francia, considerado como parte de Borgoña, que comprende parte dos departamentos de Ain, Saône-et-Loire e Jura. É unha área de solos pobres, con bosque nas partes máis altas, cunha economía baseada na agricultura e, sobre todo, na gandería e na avicultura. Os centros comarcais son Louhans e Bourg-en-Bresse.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e fotográfico francés, sempre á marxe das correntes dominantes no cine do seu país. Traballou primeiramente como guionista e máis tarde dirixindo películas: Les anges du peché (Os anxos do pecado, 1943), Les dames du bois de Boulogne (As damas do bosque de Boulogne, 1944) e Le journal d´un curé de campagne (O diario dun párroco de campo, 1950). Progresou na depuración do seu estilo cara a un rigor e unha sobriedade ascéticas. Realizou tamén: Le diable probablement (O diaño probablemente, 1977) e L´argent (A prata, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da Bretaña, no departamento de Finistère, Francia, situada á beira da rada de Brest (153.099 h [1990]). Atópase baixo un dominio climático húmido, recollendo unha precipitación anual media superior aos 1.300 mm. Porto, base militar e arsenal, é un importante centro redistribuidor para o comercio marítimo e núcleo industrial, destacando os sectores eléctrico, de maquinaria, químico, alimentario e téxtil. Tamén é centro de ensino superior, sede da Université de Bretagne Occidentale e do Centro Oceanográfico de Bretaña. Desde 1239 pasou a formar parte do Ducado de Bretaña; do 1342 ao 1397 pasou a ser posesión inglesa, data na que retornou a Bretaña. No 1491 foi integrada na monarquía francesa. Brest, aínda así, non adquiriu relevancia ata que Richelieu iniciou en 1631 a construción do porto e a fortificación da cidade, que converterían Brest nunha importante base naval. Ocupada polos alemáns en 1940, converteuse no cuartel xeral da flota de submarinos que exerceron o bloqueo de Gran...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Brest-Litovsk Capital da oblast’ de Brest, Bielorrusia, situada na confluencia dos ríos Mukhavec e Bug (294.620 h [estim 1997]). Atópase a carón da fronteira con Polonia, país ao que pertenceu ata 1795, cando foi incorporada ao Imperio Ruso. Antes que polaca fora posesión lituana. Porto fluvial, durante o período soviético experimentou un notable desenvolvemento industrial, asentado sobre a base que lle proporcionaba a súa condición anterior de encrucillada dos ferrocarrís e das estradas entre Moscova, Kiev, Varsovia e a Prusia Oriental.