"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrir gabias nun terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘chave’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao SL da cidade de Granada (7.576h [1994]). A capital é Gabia La Grande. A economía está baseada na agricultura e na industria, especialmente na de material de construción. Do seu patrimonio cultural destacan o baptisterio paleocristián (s V), a torre árabe (s XV) e as igrexas da Gabia Chica e da Encarnación.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de África occidental (750 km). Nace no macizo montañoso de Fouta Djalon, en Guinea, penetra en Senegal, atravesa Gambia e desemboca no Océano Atlántico; forma un amplo esteiro, preto do porto de Banjul.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental que limita ao N, L e S con Senegal e ao O co Océano Atlántico (11.295 km2; 1.305.000 h [2000]). Esténdese entre os 14° 13° S de latitude N e os 17° 14° de lonxitude O. A capital é Banjul.
Xeografía físicaRelevo, climatoloxía e hidrografía
VER O DETALLE DO TERMO
Está formada por unha estreita franxa de terreo de 330 km de lonxitude de L a O e entre 35 e 45 km de media de N a S. O seu relevo é baixo e pantanoso ao O, e lixeiramente ondulado ao L. Todo o país forma parte da conca inferior do río Gambja, que o percorre de L a O. O clima é subtropical, cunha estación cálida, outra húmida e temperada, e outra seca. Durante a estación temperada, de decembro a abril, sopran ventos secos e poirentos do Sáhara, con escasas precipitacións e humidade moderada. O monzón do SO trae a estación das chuvias con grandes tormentas desde xuño a outubro. A temperatura anual varía entre os 7°C ata os 43°C. A precipitación media anual é duns 1.016... -
-
Relativo ou pertencente a Gambia e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Gambia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formón de media cana que usan os carpinteiros e outros artífices para labrar superficies curvas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar con gobia.
-
REPUBLICAS
Confederación integrada por Nueva Granada, Venezuela e Ecuador, constituída no Congreso de Angostura (1819) e da que Simón Bolívar foi o seu primeiro presidente. No congreso de Cúcuta, onde foi elaborada a Constitución (1821), manifestáronse as primeiras disensións entre centralistas e federalistas; feito que acabou provocando a súa desintegración coa separación de Venezuela (1829) e Ecuador (1830). En 1886 tomou o nome de República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace na parroquia e concello das Somozas. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que atravesa a parroquia de San Xurxo de Moeche (Moeche) para despois penetrar nos concellos de San Sadurniño (parroquias de Lamas, Ferreira e San Sadurniño) e Narón (Pedroso e Doso); neste último concello vira primeiro cara ao SO e posteriormente, nun treito que serve de límite aos concellos de Narón e Neda, cara ao NO, ata Xubia, onde desemboca na ría de Ferrol logo de percorrer 31 km e drenar unha conca de 182,3 km2. Na súa desembocadura achega un caudal medio de 30,2 l/s/km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ferramenta de carpinteiros, ebanistas, gravadores e outros artesáns, que se emprega para abrir cavidades na madeira ou labrar superficies curvas ou acanaladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘cabelo’.
-
PERSOEIRO
Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao conxunto de organismos que habitan en medios con alta concentración de cloruros, polo que a maioría son mariños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medo á claridade.
-
-
Relativo ou pertencente ás helobiais.
-
Planta da orde das helobiais.
-
Orde de monocotiledóneas integrada por plantas herbáceas acuáticas, de auga doce ou mariña, que presentan as follas frecuentemente estipuladas e as flores regulares, con tres pétalos. O ovario contén moitos óvulos. O froito pode ser un folículo, unha pequena baga ou ben un froito seco e indehiscente.
-
-
-
Horror ou aversión morbosa á auga.
-
rabia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medo a durmir.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Gipuzkoa, Euskadi, na desembocadura do río Bidasoa (15.044 h [2001]). Coñecido antigamente co nome castelán de Fuenterrabía, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora del Manzano, declarada Ben de Interese Cultural en 1984, o núcleo da zona histórica, declarado BIC en 1963, e as antigas murallas, declaradas BIC en 1921.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado á beira do encoro de Alarcón (1.635 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandería e a industria derivada (elaboración de pensos e fariña.
VER O DETALLE DO TERMO