"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Acción ou efecto de recaer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político romano. De familia acomodada, pero non nobre, estudou en Roma. César, amigo e protector seu, outorgoulle o cargo de cónsul en África (46 a C), pero cando este morreu, deixou a política activa e dedicouse ás letras. Coa súa fortuna construíu no Quirinal unha casa chea de obras de arte e rodeada de xardíns (Horti Sallustiani). Escribiu dúas monografías, Bellum Catilinae (A conxuración de Catilina) e Bellum Iugurthinum (A guerra de Xugurta), ambas as dúas de estilo sobrio e elegante, que se converteron en modelos dos historiadores futuros. Foi autor tamén de Historiae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa constituída en 1905 para unificar as diversas correntes socialistas. Destacaron o Parti Socialiste de France de J. Guesde e E. Vaillant e o Parti Socialiste Français, dirixido por J. Jaurès. De definición marxista nos seus inicios, axiña se impuxo o reformismo humanitario e universalista de Jaurès. Asasinado este, o partido participou en gobernos de guerra, o que determinou que en 1920 a maioría da organización se escindise e fose creado o Parti Communiste. En 1934 aliouse con radicais e comunistas na Fronte Popular (1936-38), que levou á presidencia a León Blum. Co réxime de Vichy, o partido separouse ata 1968, cando se abriu un período de discusión entre as correntes socialistas, que levou á constitución do Parti Socialiste (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que ofrece protección contra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estatal francesa que ten o monopolio do transporte ferroviario de persoas e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul romano. Foi cuestor baixo Marco Antonio (40 a C), gobernador de Siria e Cilicia (38 a C), e conquistou Xerusalén (37 a C) para Herodes. Xa cónsul (32 a C), loitou contra Octavio en Accium, onde foi aprisionado. Recuperada a liberdade, reconstruíu o templo de Apolo preto do teatro Marcelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor. Protexido de Plinio o Mozo, foi secretario do Emperador Adriano. Escribiu De viris illustribus, biografías de homes de letras latinos e, cando redactaba De vita Caesorum, as biografías dos césares desde Xulio César ata Domiciano, caeu en desgraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro emperador romano da Galia (268-273). Era senador e praeses de Aquitania, cando en 268 o escolleron para suceder a Vitorio. Soberano pacífico, non puido dominar as tropas. En 273 Aureliano apresouno nos Campos Cataláunicos. Foille restituída a dignidade de senador e nomeárono coreitor de Lucania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (251-253). Gobernador da Mesia inferior, foi salvado dos godos polo Emperador Decio (250). Nomeado emperador polos soldados, pactou unha paz pouco honrosa cos godos e co fillo de Decio. Morreu a mans dos seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Foi tribuno (55 a C) e propuxo a lex Trebonia, que asignaba durante cinco anos a provincia de Hispania a Pompeio e a de Siria a Craso Dives. Legado de César na Galia e na Britania, durante a guerra civil conquistou e dirixiu as tropas en Hispania (48 a C). Nomeado cónsul sufecto (45 a C), uniuse á conxura contra César (44 a C). Foi asasinado por C. Dolabella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao troqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do Atlántico occidental, na prolongación suroriental das Bahamas, que forman parte das Antillas británicas (430 km2; 17.000 h [estim 2001]). A capital é Cockburn Town (2.500 h [1987]), na illa de Grand Turk. O clima é tropical marítimo, influído polos alisios. A economía baséase na agricultura, na pesca e nas salinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de países e territorios formada, de acordo coa Constitución de 1946, pola Francia metropolitana, as súas colonias (departamentos e territorios de ultramar) e os seus mandatos e protectorados (territorios e estados asociados). Foi un intento frustrado de transformar o imperio colonial francés e preservalo das correntes independentistas xurdidas despois da Segunda Guerra Mundial. En 1958 deu paso á Communauté Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa creada en 1978 por Valéry Giscard como unha alianza de partidos de centro non gaullistas. Integrada polo Parti Radical, o Parti Républicain, o Centre des Démocrates Sociaux e o Mouvement Démocrate et Sociale de France (Parti Socialdémocrate desde 1982), nas eleccións xerais dese mesmo ano converteuse na segunda forza política do país e participou nun goberno de coalición. En 2002 integrouse na Union pour un Mouvement Populaire (UMP) co Rassemblement pour la République (RPR) e o DL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor de As Argonáuticas, refundición da obra de Apolonio de Rodas, aínda que baixo un modelo virxiliano e con versificación ovidiana. Está considerado o maior epígono do Virxilio épico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento situado na serra de Guadarrama construído entre 1940 e 1956 segundo un proxecto de Pedro Muguruza e Diego Méndez e decorado con esculturas monumentais de Juan de Ávalos. Concibido en memoria das vítimas de Guerra Civil, foi construído por prisioneiros republicanos. Está formado por unha gran cruz de granito erixida sobre a pena de Cuelgamuros. Na rocha escavouse a basílica, cunha nave con seis capelas laterais, cruceiro e co altar maior na propia rocha. No interior atópanse as tumbas de Francisco Franco e José Antonio Primo de Rivera e, ocultas a vista do público, as de 40.000 soldados, dun e outro bando da Guerra Civil. Detrás da basílica atópase a abadía beneditina e outros edificios, como a biblioteca e a hospedaría. Pertence ao Patrimonio Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO