"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Que contén cadmio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado socioprogresista (1934-1937), converteuse en vicepresidente da República (1950) e en presidente (1954-1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • itamina D2que intervén na regulación do metabolismo do fósforo e do calcio. Existe en forma natural, xuntamente coa vitamina A, principalmente no aceite de fígado de bacallao. Debido á súa actividade biolóxica, emprégase como suplemento vitamínico, particularmente no leite, para previr o raquitismo. Fórmase pola irradiación ultravioleta sobre o ergosterol, un esterol vexetal, polo que tamén se coñece como ergocalciferol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, pintor e teórico da arte. Contrario ao vangardismo e ao realismo social, o seu modelo foron Ingres e os clásicos. En L’art i la revolució social (A arte e a revolución social, 1936) propugnou un realismo afastado de todo compromiso. En 1939 exiliouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que conduce ou propaga a calor.

    2. Aparato ou dispositivo utilizado para quentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Doutorado en Ciencias en Barcelona, ampliou estudios en Oxford con F. D. Chataway, onde se doutorou en 1929, en Múnic con H. Wieland e en Edimburgo con G. Barger. Foi catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago de Compostela (1930-1936). En Estocolmo, H. von Euler-Chelpin iniciouno na investigación bioquímica, que continuou na Universidade de Nova York. Introduciu os estudios de bioquímica na facultade de Ciencias da Universitat de Barcelona (1947-1950) e creou a cátedra (1962) da que foi titular. Publicou numerosos traballos, especialmente sobre enzimoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Santiago de Compostela e caracterizouse pola difusión de ideas anti-liberais. Titulado como “impresor del Colegio Mayor de Fonseca”, dos seus obradoiros saíron numerosas publicacións, entre elas, a Memoria de D. Santiago Pastoriza (1827) e un Breve resumen de la vida de S. Luis de Gonzaga (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Roma, onde realizou a obra titulada Protección. É tamén autor da escultura de Eduardo Vicenti situada en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Coñecido como Carlos Cano, da súa produción discográfica destacan: A duras penas (1975), A la luz de los cantares (1976), Crónicas granadinas (1978), De la luna y el sol (1980), El gallo de Morón (1981), Si estuvieran abiertas todas las puertas (1983), Cuaderno de coplas (1985), A través del olvido (1986), Quédate con la copla (1987), Luna de abril (1988), Ritmo de vida (1989), En directo (1990), Mestizo (1992), Forma de ser (1994), Algo especial (1994) e El color de la vida (1996), entre outros títulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Doutor en Filosofía e Teoloxía pola Università de Roma, cidade a onde se trasladara como bolseiro en 1903. Posteriormente, regresou a Lugo onde exerceu a docencia no seminario ata o 1917. Destacado orador e investigador de temas históricos, publicou Origen histórico-filosófico del modernismo y su refutación (1912), La mujer gallega en alas del ideal, cantando la religión y la patria (1927), María y Galicia (1947) e Programa de sociología y economía social (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce froitos capsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Química e edafóloga. Doutorouse en Farmacia en 1964 pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o certificado de estudios superiores de edafoloxía na Universidade de Nancy (1967) e o cargo de investigadora asociada no Centre National de la Recherche Scientifique (1970-1971). Foi profesora de bioquímica, termodinámica e mecánica estatística na Universidade de Santiago de Compostela (1959-1966), encargada de edafoloxía (1969) e investigadora do CSIC en 1965. Foi discípula do doutor Guitián Ojea, co que colaborou na elaboración dos mapas de solos de Galicia, e do edafólogo Duchaufour de quen traduciu, entre outras obras, Manual de Edafología, Atlas Ecológico de los Suelos del Mundo e Edafología. 1. Edafogénesis y clasificación. Tamén escribiu sobre a ciencia do solo. Pertenceu á Comisión Internacional para a avaliación científico-técnica do Research Institut of Crop Prodution de Praga-Ruzyne (Checoslovaquia, 1992) e á Comisión Europea para a avaliación do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Animador cultural e teatral. Fixo unha versión do texto de Molière Le medecin malgré lui que titulou O menciñeiro á forza (1971). Escribiu as pezas Bon nadal? (1982) e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Marica Campo, e as narracións Parábolas chairegas (1981). Foi, ademais, director de diversos grupos afeccionados de teatro entre os que destacan: Crecente Vega, Os Valuros, A Roga, Alborada ou Malveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bióloga. Licenciada en Bioloxía pola Universitat de Girona. Redactora da Enciclopedia Galega Universal, coordina as coleccións de guías da natureza de Ir Indo Edicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 360 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. Apareceron neste período os seres de respiración pulmonar, representados por anfibios estegocéfalos. Son abundantes nesta época os cefalópodos e os braquiópodos; os artrópodos evolucionaron en terra firme favorecidos polo clima cálido e a vexetación exuberante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén carbón.

    2. Relativo ou pertencente ao Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e político. Profesor da Universidade de São Paulo, exiliouse tralo golpe de Estado de 1964. Traballou en Francia, Arxentina e Chile como director adxunto da Comisión Económica para América Latina (1964-1969). Xa de volta no seu país, fundou o Centro Brasileiro de Planificación e Análise (CEBRAP), do que foi director desde 1969 a 1982. Entre 1983 e 1992 foi representante por São Paulo no Senado brasileiro. En 1988 fundou o Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB). Como ministro de Facenda (1993-1994), promoveu un plan de estabilización económica cunha nova unidade monetaria (o real), dolarizou a economía brasileira e reduciu a taxa de inflación mensual do país. Nas eleccións de 1994 foi elixido presidente da República e durante o seu mandato Brasil adheriuse ao Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares (NPT). Foi reelixido presidente en 1998. Entre outras obras, publicou: Dependência e desenvolvimento en América Latina (1969), Política e desenvolvimento em América Latina...

    VER O DETALLE DO TERMO