Carballas Fernández, María Tarsy

Carballas Fernández, María Tarsy

Química e edafóloga. Doutorouse en Farmacia en 1964 pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o certificado de estudios superiores de edafoloxía na Universidade de Nancy (1967) e o cargo de investigadora asociada no Centre National de la Recherche Scientifique (1970-1971). Foi profesora de bioquímica, termodinámica e mecánica estatística na Universidade de Santiago de Compostela (1959-1966), encargada de edafoloxía (1969) e investigadora do CSIC en 1965. Foi discípula do doutor Guitián Ojea, co que colaborou na elaboración dos mapas de solos de Galicia, e do edafólogo Duchaufour de quen traduciu, entre outras obras, Manual de Edafología, Atlas Ecológico de los Suelos del Mundo e Edafología. 1. Edafogénesis y clasificación. Tamén escribiu sobre a ciencia do solo. Pertenceu á Comisión Internacional para a avaliación científico-técnica do Research Institut of Crop Prodution de Praga-Ruzyne (Checoslovaquia, 1992) e á Comisión Europea para a avaliación do proxecto EWEES, CEE, 1993. Presidiu a Sociedad Española de la Ciencia del Suelo e foi vicepresidenta primeira da International Society of Soil Science.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Taboada