"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo e psicólogo francés. Doutorouse en Letras en 1937, despois de exercer como profesor na Escola Normal. Ensinou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Estrasburgo (1945-1956) e, despois, foi catedrático de Ciencias da Educación na Sorbonne e desempeñou o cargo de director do laboratorio de pedagoxía. Centrou os seus estudios na adolescencia e, sobre todo, nos intereses e necesidades desta etapa e no seu aproveitamento pedagóxico. É autor, entre outras, de La crise d’originalité juvénile (1937), Comment étudier les adolescents (1938), Les étapes de l’éducation (1952), La psychologie de l’enfant (1956) e Traité des sciences pédagogiques (1969), en colaboración con Gaston Mialaret, unha extensa enciclopedia que trazaba o panorama das ciencias da educación nos pasados anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Foi profesor na École de Langues Orientales e especializouse en linguas africanas. Destacan as súas obras Manuel dohoméen (1894), Essai de manuel pratique de la langue mandée (1901), Vocabulaires comparatifs (1904), Les noirs de l’Afrique (1922), Civilisations negro-africaines (1925) e Les nègres (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo belga. Estudiou filoloxía románica na Universidade de Liexa, na que posteriormente foi profesor, e na Sorbonne. Centrou as súas investigacións na lingüística histórica, na dialectoloxía, na literatura medieval e na literatura valona. Escribiu unha tese sobre o xénero pastoral na Francia anterior ao Renacemento, e especializouse na edición de textos franceses da Idade Media (Le tournoi de Chauvency, 1932, e Le lai d’Aristote de Henri d’Andeli, 1951). En canto á creación e transmisión dos cantares de xesta defendeu a teoría de autor individual fronte ás hipóteses neotradicionalistas. Foi membro da Academia Real de Lingua e Literatura Francesas de Bélxica e, desde 1964, membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esposa de Creteo. Namorouse de Frixo, o seu fillo adoptivo, pero como este non lle correspondía aos seus requerimentos, calumniouno perante o seu esposo. Creteo, crendo a súa muller, pediulle ao seu irmán, Atamante, que matase a Frixo; pero Néfele, a súa verdadeira nai, deulle un carneiro voador co que logrou escapar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico de arte, gravador e pintor francés. Estudiou na Académie Julian e na École des Beaux-Arts de París. Membro dos nabís, publicou en Art et Critique o artigo “La définition du Néo-traditionnalisme” (A definición do neotradicionalismo, 1890) no que expuxo o que se considera a clave da estética contemporánea ao afirmar que un cadro era esencialmente unha superficie plana cuberta de cores dispostas nunha certa orde. Admirador dos nazarenos alemáns e dos italianos prerrenacentistas, fixo unha arte de formas modernistas e cores planas. Cofundador dos Ateliers d’Art Sacré (1919), aínda que a miúdo supeditou a arte á relixión, sostivo a teoría da arte pola arte e foi un dos enunciadores teóricos da pintura abstracta. Realizou ilustracións e decorou edificios relixiosos e civís. Entre as súas obras destacan Les muses (As musas, 1893), L’éternel été (O verán eterno, 1900) e Hommage à Cézanne (Homenaxe a Cézanne, 1900). Escribiu Théories (Teorías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos deuteromicetos.

    2. Fungo do grupo dos deuteromicetos.

    3. Grupo artificial de fungos formado por aquelas especies das que só se coñece a multiplicación vexetativa. Esta situación pode deberse a que aínda non se detectaran as frutificacións sexuais ou que o fungo perdera a capacidade de formalas. Cando se chega a coñecer o tipo de reprodución sexual, o resultado máis común é que pertenzan á subdivisión das ascomicotinas. Moitos deles teñen unha grande importancia económica ao interviren nos procesos de descomposición da materia orgánica, na produción de antibióticos ou polo feito de ser fitoparasitos. Existen unhas 30.000 especies de fungos considerados como deuteromicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Foticé, no Epiro. Atribúenselle catro obras: Sermón sobre a Ascensión do noso Señor Xesucristo, Visión de san Diadoco, Catequese e Cen capítulos sobre a perfección espiritual. Os Capítulos son unha serie de sentencias sapienciais que constitúen un auténtico manual de vida espiritual e ascética. A súa obra influíu nos grandes autores espirituais bizantinos así como no pensamento espiritual ruso, pero tamén influíu en Occidente por medio de santa Teresa de Xesús e Ignacio de Loiola, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. En 1920 trasladouse a Rio de Janeiro, onde coñeceu os modernistas (1925-1927) e realizou a súa primeira exposición individual (1928). As súas primeiras obras mostraron un surrealismo de carácter erótico. Trala Primeira Guerra Mundial evolucionou cara á xeometrización, onde resaltou a relación entre ciencia e arte. En 1948 realizou en Recife un dos primeiros murais abstractos de América do Sur. Retornou á figuración nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Oficial da Mariña española, en 1725 navegou polo Mediterráneo, onde sostivo numerosos encontros armados con buques das potencias berberiscas e dirixiu o exército do duque de Montemar na campaña de reconquista de Orán. En 1736 navegou a América coa flota de Indias e participou na defensa de Cartagena de Indias (1741). En 1747, malia o acoso dos navíos ingleses, logrou arribar ao porto de Corcubión cunha flota que transportaba importantes caudais. Promovido a capitán de navío (1760), encargouse do departamento marítimo de Ferrol co grao de comandante xeral. Ascendeu a tenente xeneral en 1779 e ocupou diversos cargos públicos sen abandonar o servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ferrol, cultivou a paisaxe, o retrato e a miniatura. Captou o tema paisaxístico do natural, principalmente escenas mariñeiras de carácter costumista nas que representou os peiraos e as xentes do mar da súa cidade natal. Destacan as súas obras Pinos, Monte galego en primaveira e Primaveira en Galicia. Entre os retratos que realizou cómpre salientar os de Concepción Arenal, o mestre Chané, Curros Enríquez e a condesa de Espoz y Mina. Como miniaturista realizou numerosas obras, entre as que cómpre subliñar unha miniatura sobre marfil de EduardoVII de Inglaterra e unha vitela para un abano coa que agasallou a Emilia Pardo Bazán. Entre outras publicacións colaborou en Almanaque Gallego. Participou, entre outras mostras, na exposición de arte galega organizada polo Heraldo de Madrid e na Segunda Exposición de Arte Gallego da Coruña (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos diceidos.

    2. Ave da familia dos diceidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes, de pequeno tamaño e colorido intenso, distribuídas dende a India ata Australia, e sobre todo en Malaisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Joaquín Dicenta Benedicto. Publicou, entre outras obras, a traxedia El bufón (1913), o poema dramático La leyenda del yermo (1915), El idilio de Pedrín (1916), os dramas Son mis amores reales (1925) e Leonor de Aquitania (1933) e, en colaboración con Antonio Paso, os disparates cómicos El cuarto de la gallina (1922), Simón y Manuela (1923) ou a traxicomedia Tutankamen (Rey de Egipto) (1924). Recibiu o Premio Piquer e o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a revista Germinal -na que publicaron, entre outros, Salmerón, Benavente, Baroja, Azorín e Valle-Inclán-, e colaborou en diversos xornais de ideoloxía liberal como El País ou El Liberal. En 1889, xunto con Ruperto Chapí, fundou a Sociedad de Autores. Actualizou a tradición do melodrama de costumes populares mediante a incorporación dun tratamento innovador da cuestión social. Da súa produción destacan El suicidio de Werther (1888), Los irresponsables (1890), Luciano (1894), Juan José (1895), El señor feudal (1896), El tío Gervasio (1899), Aurora (1902), Amor de artistas (1906), Daniel (1907), El crimen de ayer (1908) e Sobrevivirse (1913). Ademais, escribiu libretos de zarzuela como Curro Vargas (1898), xunto con Manuel Paso e música de Ruperto Chapí, Raimundo Lulio (1903), drama lírico en tres actos e un epílogo musicado por Ricardo Villa, e Entre rocas (1908), zarzuela musicada tamén por Chapí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen di algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertence a robaliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que contén dous grupos carbonilo cetónicos na molécula. Son líquidos de color amarela, volátiles e de olor irritante. As súas propiedades dependen da posición recíproca dos dous carbonilos. As que teñen os dous grupos separados por un átomo de carbono empréganse como reactivos de extracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de aleta dalgúns peixes na que o eixe do corpo é recto ata o extremo da cola e se desenvolve simetricamente. Esta aleta supón unha evolución do tipo heterocerco. Está presente nos peixes pulmonados actuais e no celacanto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudiou enxeñería eléctrica en Bristol e física en Cambridge. Foi profesor na Cambridge University e na Florida State University Tallahassee. Desenvolveu en 1925 unha fórmula nova de tipo matemático da mecánica, aínda que xa existía unha grazas a W. Heisenberg, L. de Broglie e E. Schrödinger. Formulou a teoría cuántico-relativista do electrón en 1929, e prediciu a existencia do positrón, confirmado despois de forma experimental por C. D. Anderson en 1932. Foi codescubridor da estatística Fermi-Dirac e un adaíl da teoría cuántica da radiación. Colaborou con A. Bohr, W. Heisenberg e W. Pauli na elaboración dunha interpretación probabilística da mecánica cuántica. En 1933 compartiu o Premio Nobel de Física con Erwin Schrödinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fungo da subdivisión ascomicotina, que produce cogomelos en apotecio.

    VER O DETALLE DO TERMO