"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mancha na pel de cor morada que se produce por extravasación de sangue aos tecidos. Con frecuencia aparece despois dunha contusión. Tamén se denomina hematoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que designa un grupo de persoas unidas por desempeñar conxuntamente unha función específica ou un traballo, como pode ser a denominación dunha organización, dunha corporación, dunha sociedade, dun círculo, etc.
-
PERSOEIRO
Ceramista grego. Foi autor do vaso François (570? a C), localizado na cidade etrusca de Chiusi e pintado por Clitias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome empregado, casual ou regularmente, para dirixirse ao ser amado. Cómpre consideralo un tipo de hipocorístico, xa que implica algún elemento do mundo físico ou relacionado co amor sexual.
-
-
Relativo ou pertencente aos esquimós ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo esquimó.
-
Pobo que habita nas rexións árticas, disperso polos sectores máis setentrionais de América do N e polo O de Groenlandia. Recibiron o nome de esquimós, ‘comedores de carne crúa’, das tribos indias veciñas, pero eles denomínanse a si mesmos inuits, que significa ‘homes’ ou ‘persoas’. Distribúense en pequenas comunidades, formadas por grupos de 50 a 500 individuos, organizadas ao redor da familia que, xunto coa comunidade, xulgan as cuestións conflitivas. Maioritariamente nómades, trasládanse empregando zorras arrastradas por cans e embarcacións de pel de foca. Viven da pesca e da caza (caribús, osos brancos, focas e lebres do ártico), para o que empregan o arco, as frechas e os arpóns. Coas peles que obteñen da caza confeccionan as súas roupas. Naquelas rexións onde localizan madeira, utilízana na construción das súas vivendas e onde non existe empregan placas de lousa, recubertas de turba ou neve. Ademais, durante as expedicións de caza constrúen, con anacos de xeo, cabanas cupulares...
-
Familia que pertence ao phylum esquimó-aleutiano e que comprende o inuit e o iupik. É unha lingua polisintética.
-
Can de gran talle, entre 65 e 80 cm, caracterizado polo seu pelame denso e bastante longo en todo o corpo, agás no fociño. A súa coloración, moi variada, pode ser branca, negra ou castaña. Viven sobre todo no N de Eurasia e de América, e utilízanse como animais de tiro para as zorras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Phylum lingüístico integrado polas familias esquimó (co inuit, a máis falada, e o iupik) e aleutiana (co aleutiano), emparentadas entre elas. As linguas esquimó-aleutianas estendéronse pola costa S de Groenlandia, as rexións árticas de Canadá, as rexións do N de Alasca, as illas Aleutianas e ata hai unhas décadas por Siberia, atravesado xa o estreito de Bering. O inuit fálase en Groenlandia, Canadá e EE UU (N de Alasca); o iupik, en EE UU (Alasca e illa de San Lourenzo), e o aleuta en EE UU e illas Aleutianas. Entre os trazos lingüísticos cómpre destacar os seguintes: son linguas aglutinantes que poden engadirlle á raíz unha gran cantidade de sufixos, das que resultan palabras tan longas que mesmo equivalen a frases ou oracións noutras linguas; non distingue os xéneros, ou polo menos non desempeñan un papel importante na gramática; distinguen o singular, plural e dual en substantivos e verbos; distinguen seis casos na declinación; realmente non existen os verbos xa que estes son...
-
PERSOEIRO
Trobador portugués pertencente á escola lírica galego-portuguesa que, a xulgar pola colocación dos seus textos nos cancioneiros (na parte inicial da sección das cantigas de amigo, entre Johan Soarez Coelho e Johan Lopez de Ulhoa), pode situarse no terceiro cuarto do s XIII. Dúas personaxes figuran na documentación portuguesa con este nome: Estevan Reimondo de Portocarreiro, mencionado nos Livros de Linhagens, e Estevan Reimondo de Sequeira, referido no Censual do Cabida da Sé do Porto. A documentación da época testemuña que o mesmo nome aludía a dúas persoas distintas, cunha cronoloxía bastante próxima. Deses dous homónimos, o primeiro é o que máis posibilidades ten de identificarse co trobador. Fillo de Raimundo Viegas e de Maria Ourigues da Nóbrega, pertencía á liñaxe portuguesa dos Portocarreiro, relacionada coas cortes rexias portuguesas e castelás. Lazos familiares relaciónano cos trobadores Johan Perez d’Aboim e Pero Gonçalves de Portocarreiro, xa que a súa nai era tía do primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raíz ou palabra da que procede outra. Así, por exemplo, o étimo da palabra fío é o termo latino FĪLU e o de espiña é SPĪNA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
etimoloxista.
-
-
Orixe dunha palabra e tamén a súa evolución ata a forma actual.
-
Ciencia que na lingüística moderna ten por obxecto de estudo a orixe das palabras, tentando determinar as causas e circunstancias da súa evolución desde un punto de vista fonético, morfolóxico ou semántico. Na gramática tradicional este concepto designaba unha das súas partes e o seu campo de competencia era moi semellante ao da actual morfoloxía. Así, chorar provén de PLORĀRE, freixo de FRAXĬNU. Para os antigos, localizar a etimoloxía dunha palabra era descubrir o seu “verdadeiro sentido” (gr ἕτυμον), isto é, a vinculación entre unha palabra e unha cousa. Na Idade Media críase que as linguas se remontaban ao hebreo (hai pervivencias desta crenza ata o s XIX) e proliferaron as etimoloxías puramente anecdóticas; un exemplo destacado son as Etymologiae de Isidoro de Sevilla (s VII). Os comparatistas (s XIX) foron os primeiros en formular o método científico na procura etimolóxica. Na súa primeira etapa (método fonohistórico),...
-
Nome que recibiu unha parte da gramática ata o s XIX, que vén coincidir coa moderna morfoloxía, e que alternou co de analoxía. Debía ensinar a remitir unha forma dada á súa categoría respectiva e se esta admitía flexión, á súa forma orixinal; así, por exemplo, o nominativo nos nomes ou o infinitivo nos verbos. Constituía a teoría dos accidentes gramaticais.
-
Recurso literario que consiste en empregar unha definición como explicación do étimo dunha palabra. Así, por exemplo, HUMĬLIS está relacionado con HUMUS ‘terra’ e, en sentido literal, significa ‘baixo, situado debaixo, pouco elevado’.
-
Fenómeno lingüístico que consiste en alterar a forma dunha palabra pola semellanza fónica e semántica que presenta con outra doutra familia léxica coñecida coa que non mantén identidade de orixe. Así, por exemplo, o lat BOBARĬU ‘pastor de bois’ debería dar boveiro en galego, pero en realidade deu boieiro por influencia da voz boi; do mesmo xeito, o lat v *BISŌCŬLU ‘dous ollos’ debería dar bisollo, pero, ao relacionarse co verbo virar, deu birollo. Este proceso, enmarcado na tendencia, consciente ou inconsciente, dos falantes a conferirlles transparencia e motivación ás palabras, é moi frecuente no rexistro lingüístico máis vulgar. Deste xeito, escóitanse a miúdo, entre outras moitas, voces como vagamundo, en vez de vagabundo, por influxo de mundo; biciclista, en vez de ciclista, por bicicleta; formigador, en vez de fumigador, por formiga;...
-
Interpretación errónea da etimoloxía dun nome, fenómeno especialmente frecuente na toponimia. Así, por exemplo, o nome de lugar Foilebar (O Incio), derivado do latín FOGIUM LUPALE ‘foxo para lobos’, asociado aos verbos “foi + levar”, ou Parderrubias (Salceda de Caselas), procedente do latín PARETES RUBEAS ‘paredes rubias’, asociado aos vocábulos “par + de + mulleres (rubias)”.
-
-
-
Relativo ou pertencente á etimoloxía.
-
Que se basea na etimoloxía ou está acorde con ela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia lingüística que considera a etimoloxía primordial para explicar o significado das palabras ou fixar a súa grafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao estudo das etimoloxías.
-
-
Determinar a etimoloxía dunha palabra.
-
Proceder con etimoloxismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado para designar un pobo, unha tribo, unha raza, unha nacionalidade, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Topónimo formado a partir dun etnónimo. Así, por exemplo, Toledo creouse a partir de toldaos ‘toledanos’, e Coimbra, de cumbraos ‘coimbráns’.
-
PERSOEIRO
Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é moi excelente.
-
Tratamento de cortesía que se lles dá ás persoas que teñen o título de excelencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo ou topónimo usado por unha lingua determinada para referirse a un territorio, ou persoa, situado fóra, ou de procedencia foránea, respecto á súa área lingüística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de lugar usado por unha lingua determinada para referirse a un territorio situado fóra da súa área lingüística. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].