"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

    1. Relativo ou pertencente á tribo dos colorados ou aos seus individuos.

    2. Individuo da tribo dos colorados.

    3. Tribo amerindia que habita nas ribeiras dos ríos Daule, Vincer e Esmeraldas, en Ecuador, e que pertence ao grupo lingüístico chibcha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Colorado, EE UU, nos contrafortes dos Pikes Peack (281.140 h [1990]). É un importante centro comercial dunha rexión mineira, onde as industrias alimentarias son un complemento á súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canón aberto pola erosión do río Colorado, situado no estado de Colorado, EE UU. Ten uns 350 km de lonxitude, entre 6 e 29 km de ancho e 1,2 km de profundidade. A súa formación débese á escavación producida polo leito do río Colorado e a unha elevación da meseta homónima. En todo o canón as rochas deformáronse por pregamentos e fallas, o que contribuíu a unha rápida erosión da garganta. Unha parte do canón, xunto coas mesetas de ambos os lados, constitúen desde 1919 o Parque Nacional do Gran Canón que recibe varios millóns de visitantes ao ano, procedentes fundamentalmente do propio país. O clima é moi rigoroso, con calor e frío moi extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade de colorar.

    2. Substancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles. A maior parte dos colorantes modernos son produtos orgánicos de síntese, coloreados moi intensamente, capaces de dar unha coloración de determinada permanencia e solidez a un soporte. A súa aplicación principal é a tintura de tecidos, papel, coiro, plásticos, derivados do petróleo e alimentos. Un colorante comercial defínese por dous grupos de características: as do proceso de aplicación (solubilidade, afinidade e velocidade de tintura) e as do produto tinguido (matiz, intensidade da cor, solidez fronte á luz, lavado, axentes de branqueo e duración, entre outras). O amplo abano de colorantes existentes defínense segundo o método de aplicación e segundo a súa constitución química. Desde o punto de vista do método de aplicación clasifícanse en: ácidos, fixados aos tecidos grazas á presenza na súa molécula de grupos ácidos, útiles para tinguir la, seda e poliamidas;...

      1. Substancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar. Os primeiros foron de orixe vexetal ou animal; pero substituíronse case todos por colorantes sintéticos.

      2. co-lorante ácido

        Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes ácidos son as anilinas ácidas, como a eosina, a eritrosina, a fluoresceína e o vermello Congo.

      3. colorante básico

        Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes básicos son os carmíns, as anilinas básicas e as hematoxilinas. Ademais dos colorantes ácidos e básicos, hai algúns neutros, como o Sudán III ou o vermello escarlata, que tinguen as graxas.

    3. Aditivo alimentario empregado para proporcionar unha determinada cor ou reforzar a cor natural, e para producir un efecto psíquico no consumidor, estimulando a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación. Segundo a súa natureza química pódense agrupar en colorantes inorgánicos, orgánicos naturais ou orgánicos de síntese. Para todos eles hai un control estricto no código alimentario de cada estado. Os colorantes inorgánicos, en xeral, son pouco utilizados, pero para casos especiais empréganse o bióxido de titanio, o negro de fume, o óxido de ferro, a prata metálica, etc. Entre as substancias naturais empregadas para colorear alimentos destaca a clorofila, o β-caroteno, a lactoflavina (ou riboflavina), o caramelo, a cúrcuma, etc. O uso de colorantes de síntese está en retroceso, e está estritamente controlado co fin de asegurar unha toxicidade mínima. As disposicións lexislativas tenden a reducir e unificar os colorantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar cor a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de adornos virtuosos sobre unha melodía. Típica do bel canto italiano e practicada desde as orixes da monodia florentina, chegou ao seu punto álxido no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar cor a algunha cousa con tintura, pintura ou outra substancia con cor.

    2. Tomar cor algunha cousa, especialmente certos froitos que collen a cor propia de cando están maduros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación dominical editada en Pontevedra dende marzo de 1904 ata abril do mesmo ano. Subtitulada “Semanario satírico y literario”, entre os seus colaboradores figuraban Torcuato Ulloa, Antonio Señoráns, Higinio Chantrero ou Labarta Pose. A maior parte dos traballos que acolleu estaban redactados en castelán, xa que en galego só se editou un poema de F. Portela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cosmético, polo xeral de tons vermellos, que se utiliza para dar cor nas meixelas.

    2. Mancha de cor vermella que algunhas persoas teñen na cara ou que lles aparece en determinadas situacións, especialmente cando senten vergoña. OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición e grao de intensidade das diversas cores dunha cousa.

    2. Combinación de cores nunha pintura.

    3. Carácter animoso, vistoso ou peculiar de certas cousas como relatos, festas ou cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida da cromaticidade ou da luminosidade dunha radiación luminosa. Para determinar os compoñentes dunha radiación luminosa empréganse colorímetros, fotocolorímetros ou, indirectamente, espectrofotómetros.

    2. Designación antiga da absorciometría de luz visible. A utilidade desta técnica da química analítica consiste na medición da concentración dunha substancia a partir da determinación do seu poder de absorción. Emprégase a lei de Beer-Lambert, da forma log (I 0 /I)=kcl, onde I 0 é a intensidade da luz incidente, I a intensidade da luz transmitida, k unha constante que depende da substancia disolta, c a súa concentración e l o groso da disolución atravesada. Coñecida a constante k, propia de cada substancia, mídese a transmitancia (I/I 0 ) da solución problema coa axuda dun colorímetro, no caso de luz visible, ou cun espectrofotómetro, no caso dunha radiación fóra do espectro visible. Tamén se coñece co nome de análise colorimétrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á colorimetría.

    2. colorimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que mide a cromaticidade ou a cromaticidade e a luminosidade dunha radiación luminosa, baseado nun dispositivo comparador no que se varían as intensidades de tres radiacións primarias que inciden sobre unha mesma superficie, ata acadar a cor que se está a estudiar. Para realizar esta igualación pódese engadir tamén unha certa radiación primaria á cor problema e chegar así a unhas mesturas das tres primarias que dan a mesma cor. Neste caso, a cor analizada especifícase por tres números proporcionais ás intensidades das tres radiacións primarias.

    2. Absorciómetro de luz visible empregado en colorimetría. Un exemplo é o colorímetro de Duboscq, que permite comparar as intensidades luminosas que atravesan dúas solucións, unha delas de concentración descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dalgúns artistas a preferir a cor sobre o debuxo.

    2. Tendencia a recargar o estilo pola acumulación dun léxico efectista e unha adxectivación brillante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao artista que utiliza ben as cores e que emprega grandes efectos.

    2. Aplícase ao técnico coñecedor da aplicación das materias colorantes.

    3. Aplícase ao escritor que se caracteriza por un léxico efectista e un escrito recargado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de administración de coherencia cromática entre dispositivos que deban amosar o contido dun documento, como monitores ou impresoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en 1954 e promovida polo actor Fernando Iglesias Tacholas. Representou, entre outras, as seguintes obras: Por borrachíns!, de D. Varela Buxán; O zoqueiro de Vilaboa, de Nan de Allariz; ou Almas sinxelas, de Xabier Prado Lameiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta a mesma cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (305-306), pai de Constantino I o Grande. Foi adoptado por Maximiano e nomeado césar (293), cargo que compartiu con Galerio. Ocupouse da defensa das Galias e de Hispania, sufocou unha revolta na Bretaña (296) e derrotou a francos e alemáns. Despois da abdicación de Diocleciano e Maximiano (305), foi proclamado emperador xunto con Galerio. Obrigado por este, adoptou como césar a un oficial ilirio, chamado Severo. Morreu mentres dirixía unha campaña contra os pictos.

    VER O DETALLE DO TERMO