"Miguel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 298.
-
PERSOEIRO
Político, historiador e filósofo bizantino. Ensinou filosofía na restaurada Academia de Constantinopla, ao tempo que alcanzaba os cargos máis altos da administración baixo o reinado de diversos emperadores. Ademais de obras de interese filolóxico, escribiu Eloxios fúnebres, dedicados aos grandes patriarcas da época, Eloxios, dedicados a coetáneos ilustres, a Acta de Acusación de Miguel Cerulario, centenares de Letras e a súa obra máis destacada, Cronografía, relato da historia de Bizancio desde 976 a 1077.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu comedias, sainetes e zarzuelas, musicadas por Chapí, Chueca e Caballero, como La tempestad (1882), Agua, azucarillos y aguardiente (1897) e Los sobrinos del capitán Grant (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Fundou o Partido Regionalista de Cantabria (PRC, 1978), do que é secretario xeral desde 1988. En 1995 foi nomeado presidente da Comunidad Autónoma de Cantabria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado en Castro Caldelas. Desde o s XII pertenceu a Montederramo.
-
PERSOEIRO
Pintor e fotógrafo. Estudou fotografía e deseño industrial en Nova York. Comezou experimentando co debuxo e a pintura ata que en 1968 se orientou cara á fotografía e a realización cinematográfica. Instalado en Brasil (1972), foi correspondente da axencia Magnum (1978) ata que regresou á pintura (1985). Nos seus traballos, moitos deles perdidos por un incendio (1980), experimentou coa cor. Publicou Dulce Sabor Amargo (1985). Participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Precursor da música rock en España, revolucionou a industria discográfica cos seus temas, especialmente co seu “Himno a la alegría”, que o colocou nos primeiros postos das listas de vendas en Europa, EE UU e Xapón. Da súa discografía destacan Unidos (1971), Al-Andalus (1977), Los viejos rockeros nunca mueren (1979), Rock and Ríos (1982), o disco en directo máis vendido do momento en España; La encrucijada (1984), El año del cometa (1986), Directo al corazón (1991), Así que pasen 30 años (1992), Big Band Ríos (1998) e 60 mp3 (2004). Foi galardoado co Premio Ondas (1993) e coa Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi gobernador de Lugo, Ourense, Palencia, Badajoz, Huesca e Burgos. De ideas carlistas, colaborou na década de 1840 co liberalismo e representou como deputado o distrito de Chantada (1851-1852 e 1858-1865), a sección de Lugo e foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Centrou os seus estudos no campo da paleografía e a diplomática. Escribiu El Monasterio cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): estudo histórico (1137-1310) (1989) e A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399) (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe galega. De estilo barroco, formouse con Domingos de Andrade e na etapa final da súa obra colaborou con Fernando de Casas e Simón Rodríguez. Na primeira época realizou, entre outros, os dous órganos da catedral de Santiago de Compostela. Tamén desta época é o retablo da Soidade (1708) na mesma catedral, os retablos maiores das igrexas de Santa Salomé (1712) e do Pilar (1720), en Santiago de Compostela, e os retablos principais da colexiata de Santa María de Iria Flavia (1714), do santuario da Virxe da Barca de Muxía (1717) e da capela do Santo Cristo na igrexa de Santa María das Areas en Fisterra (1721). En Iria Flavia realizou tamén un cadeirado de coro e dúas tribunas. Nestes retablos xa amosou un lixeiro movemento en planta e a interrupción do entaboamento na rúa central, onde abriu grandes vans para acoller a imaxe titular. Na súa etapa final centrouse na realización de retablos e substituíu a columna salomónica por unha máis avultada e polo estípite. Desta fase final...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Cofundador do colectivo Polaqia, os seus traballos aparecen nos álbums Mmmh!! (2001) e H2Oil (2003), e nas revistas Golfiño, Tos, Dos veces breve, Barsowia e BD Banda. No campo da animación, traballou con Dygra Films no filme O soño dunha noite de san Xoán (2005), e dirixiu, xunto con Juan Carlos Pena, O espírito do bosque. Realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, Madrid e Barcelona. Obtivo o primeiro premio nas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (2000 e 2002), no Certame de Cómic de Arteixo (2003 e 2004) e o I Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Ourense 1956) Escultor. Vinculouse aos movementos artísticos de vangarda, que se desenvolveron en Galicia na década de 1980, e instalouse en Nova York. Cultiva unha obra cualificada de conceptualista caracterizada pola simplificación. Traballou a madeira, o barro e a pedra, e dedicouse á restauración de mobles e de interiores. Participou en numerosas exposicións tanto en Galicia coma fóra dela (Nova York, Barcelona, Emiratos Árabes Unidos, etc). A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Michel Salgado, xogou no R. C. Celta de Vigo (1992-1996 e 1997-1999), e en 1999 pasou ao Real Madrid C. F., co que gañou 1 Copa Intercontinental (2002), 2 Copas de Europa (1999-2000, 2001-2002), 1 Supercopa de Europa (2002), 2 Ligas (2000-2001, 2002-2003) e 2 Supercopas de España (2001, 2003). Coa selección española gañou o Campionato Europeo Sub-21 (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Eidián (Agolada). O seu cumio acada os 578 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Senande (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Frameán e Sucastro (Monterroso). O seu cumio acada os 604 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada entre a de Pedra Cabalgada e a punta Pena Mourelló, na parroquia de Deiro (Vilanova de Arousa).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Sil, que nace e desemboca na parroquia de Vilamartín de Valdeorras, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao S da illa e regado polo barranco de La Orchilla (8.398 h [2001]). A economía é agrícola e destacan os cultivos de plátanos, figos e cereais
VER O DETALLE DO TERMO -