Romay, Miguel
Escultor de orixe galega. De estilo barroco, formouse con Domingos de Andrade e na etapa final da súa obra colaborou con Fernando de Casas e Simón Rodríguez. Na primeira época realizou, entre outros, os dous órganos da catedral de Santiago de Compostela. Tamén desta época é o retablo da Soidade (1708) na mesma catedral, os retablos maiores das igrexas de Santa Salomé (1712) e do Pilar (1720), en Santiago de Compostela, e os retablos principais da colexiata de Santa María de Iria Flavia (1714), do santuario da Virxe da Barca de Muxía (1717) e da capela do Santo Cristo na igrexa de Santa María das Areas en Fisterra (1721). En Iria Flavia realizou tamén un cadeirado de coro e dúas tribunas. Nestes retablos xa amosou un lixeiro movemento en planta e a interrupción do entaboamento na rúa central, onde abriu grandes vans para acoller a imaxe titular. Na súa etapa final centrouse na realización de retablos e substituíu a columna salomónica por unha máis avultada e polo estípite. Desta fase final son os retablos da capela do Pilar da catedral de Santiago de Compostela (1721), o retablo maior da igrexa da Universidade, onde colaborou con Diego de Sande seguindo un proxecto de S. Rodríguez, o retablo maior de San Martiño Pinario e o tabernáculo da capela dos Ollos Grandes da catedral de Lugo (1736).
Cronoloxía
-
Nacemento