Rio Branco, Miguel
Rio Branco, Miguel
Pintor e fotógrafo. Estudou fotografía e deseño industrial en Nova York. Comezou experimentando co debuxo e a pintura ata que en 1968 se orientou cara á fotografía e a realización cinematográfica. Instalado en Brasil (1972), foi correspondente da axencia Magnum (1978) ata que regresou á pintura (1985). Nos seus traballos, moitos deles perdidos por un incendio (1980), experimentou coa cor. Publicou Dulce Sabor Amargo (1985). Participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Las Palmas de Gran Canaria