"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Construción situada en Rábade. Trátase dun edificio de planta rectangular, cun só corpo e dúas plantas. Os muros son de cachotaría enfuscados e enlucidos cos marcos dos ocos de cantaría. Na parte posterior ten un patio amurallado cos alpendres, ademais dunha galería que forma un lateral, baixo a que existe unha pedra de armas. Ten un escudo na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pando Fernández de Pineda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oleiros. Realizado en cachotaría con ocos en cantaría recebados, ten planta en escuadro e, debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado. O acceso presenta dous corpos diferenciados e está orientado cara ao L. Nos alzados S e O ten unha galería e un patín. Conserva unha antiga torre, que fai esquina, con tres plantas e ocos con arcos de medio punto. O conxunto está situado no interior dun parque, constituído por varios xardíns de deseño francés e un xardín botánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Datada no s XVII, trátase dunha vivenda de carácter señorial cuxa orixe se vinculou a Gonzalo Méndez de Soutomaior. Sufriu un incendio en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Colaborou en diversas publicacións e xornais como Arco da Vella, El Ideal Gallego, Man Común, A Nosa Terra ou La Voz de Galicia. Autor das traducións ao galego de Xaime Quessada (1981), de Francisco Pablos, e A descuberta de Harry (1994), de Matthew Lipman, escribiu o poemario Xénese e apocalipse (1981) e Manuel para escritores e outras sátiras (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Guia de Peregrinos

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Materia que se extrae de diversas especies vexetais de América e de Oceanía, semellante ao algodón, pero máis fina, que se emprega para encher coxíns.

    2. Nome que reciben diversas especies do xénero Asclepias, das que se extrae esta materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carboentes (Rodeiro). O seu cumio acada os 783 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou con Carme Pinós i Desplat. Foi o director do Departamento de Proxectos da Stödelschule de Frankfurt. Autor do proxecto da Cidade Universitaria da Universidade de Vigo, no campus de Vigo, das súas obras destacan a escola La Llauna de Badalona, o cemiterio de Igualada e as instalacións olímpicas de tiro con arco en Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vila romana de Vilamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mirar.

    2. Respecto, coidado ou precaución con que se trata a alguén. Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • amīr al-mu’mīnīn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Desde 1854 loitou contra os liberais, e participou na Guerra da Reforma (1858-1860), onde acadou os primeiros éxitos contrarrevolucionarios. Exiliado en Cuba e en Europa, volveu en 1863 e colaborou co Emperador Maximiliano I. Capturado en Querétaro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, resaltado o tronco dun xabaril de sable, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Santalla (Samos) e Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da ría de Ares, situada en fronte da punta que leva o seu nome, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Ares, situada entre a punta de Cruz e a de Promontoiro, na parroquia e concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO