Miraflores de Miño, pazo de
Miraflores de Miño, pazo de
Construción situada en Rábade. Trátase dun edificio de planta rectangular, cun só corpo e dúas plantas. Os muros son de cachotaría enfuscados e enlucidos cos marcos dos ocos de cantaría. Na parte posterior ten un patio amurallado cos alpendres, ademais dunha galería que forma un lateral, baixo a que existe unha pedra de armas. Ten un escudo na fachada.