Mirador, serra do

Mirador, serra do

Sistema montañoso da provincia de Lugo que constitúe o límite do concello de Castroverde cos de Baleira e Pol. Ten unha altitude que vai desde os 880 m ata os 1.029 m, a súa máxima elevación, que acada no cumio Pradoiro.