"Mur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 248.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica, situada en Valonia, entre Francia, ao S, e as provincias de Brabante, ao N, Liexa, ao NL, Luxemburgo, ao L, e Hainaut, ao O (3.666 km2; 443.903 h [estim 2000]). A capital é Namur. Atravésana os ríos Mosa, Sambre e Lesse. O suco do Sambre e o Mosa comprende unha rexión industrial, con siderurxia, metalurxia, industria química e do vidro. Os principais núcleos urbanos son Namur, Dinant e Ciney.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie ou estrato (ou tamén época ou idade) do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, que está comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. O estrato tipo está en Namur (Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Namuriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia do Mundil, capital do concello de Cartelle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación de calor moi intensa e dolorosa, especialmente a que se ten no estómago que é provocada polo exceso de ácidos. OBS: Emprégase sobre todo en plural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escala de temperaturas que atribúe o valor 0 á temperatura de fusión do xeo e 80 á de ebulición do vapor, ambos os dous casos baixo unha presión de 760 mm de mercurio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Réaumur de temperaturas.
-
PERSOEIRO
Físico e naturalista francés. Iniciador da metalografía, estudou os metais e as aliaxes de ferro e ideou a escala de temperatura que leva o seu nome. Tamén estudou os insectos, os crustáceos e os peixes. Amosouse contrario á teoría da xeración espontánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Na súa poesía mesturou poesía e ciencia, como en Theory of Flight (1935) e U.S.I. (1938), e loitou contra a inxustiza. Destacan tamén Waterlily Fire (1962), Breaking Open (1973) e The Gates (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da nobreza militar xaponesa que se caracterizaba polo seu profundo coñecemento das artes marciais e por ter como norma de conduta o bushido, ou código de honor do guerreiro. As súas normas eran a fidelidade de conduta e a coraxe. Non posuía terras, pero recibía do daimio, o seu señor, unha paga en arroz. Comezou a perder importancia a partir do s XVII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Basílica de Roma, unha das catro basílicas maiores. Está situada na Via Ostiense, preto da porta homónima. O primeiro edificio erixiuno Constantino (324) sobre o lugar tradicional da tumba de san Paulo. En 388 Valentiniano e Teodosio erixiron aí a gran basílica, completada en 395 por Honorio. Non sufriu cambios importantes ata o incendio de 1823. Da antiga só queda o arco triunfal cos mosaicos do s V. Reconstruída (1854) de acordo co plano antigo, consta de cinco naves longas e espazosas, separadas por catro fileiras de columnas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como María Asquerino, debutou na obra Campo de Armiño, coa compañía teatral dos seus pais. Destacan os filmes Agustina de Aragón (1950), La otra vida del capitán Contreras (1954), Goya (1970), Fuera de juego (1991), Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (1995), La comunidad (2000), Hotel Danubio (2003) e Tiovivo c.1950 (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda etapa e idade do Lías (Xurásico Inferior), situada sobre o Hettanxiano e baixo o Pliensbaquiano.
-
PERSOEIRO
Novelista escocés. De nome Muriel Sarah Camberg, publicou numerosos ensaios críticos, como The Essence of the Brontës (1993), e novelas de carácter satírico, entre as que destacan The Prime of Miss Jean Brodie (1961), The Abess of Crewe (1975), Aiding and Abetting (2001) ou The Finishing School (2004). Escribiu, ademais, a autobiografía Curriculum vitae (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ de Mureş, Transilvania, Romanía, situada a ambas as dúas ribeiras do Mureş (164.928 h [1999]). Ten industria metalúrxica, téxtil, da madeira e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento hermenéutico propio da cábala xudía, aínda que non exclusivo, que na interpretación de conceptos escuros se basea na permutación das letras ou das palabras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamerlán.
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía timúrida.
-
Membro da dinastía musulmá formada polos descendentes de Tamerlán que gobernaron Persia oriental e Transoxiana (ss XV-XVI). A pesar de que Tamerlán designou como sucesor ao seu neto Pir Muḥammad, o seu asasinato e o do novo sucesor Khalil deron o poder ao cuarto dos fillos do fundador da dinastía Shāh Rokh, que derrotou os Kara Koyünlü e se apoderou de Acerbaixán. Á morte de Sah Ruh iniciouse a decadencia timúrida. Un dos membros da familia conseguiu situarse en India, onde fundou o imperio do Gran Mogol.
-