timúrida
timúrida
(
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía timúrida.
-
s
[HIST]
Membro da dinastía musulmá formada polos descendentes de Tamerlán que gobernaron Persia oriental e Transoxiana (ss XV-XVI). A pesar de que Tamerlán designou como sucesor ao seu neto Pir Muḥammad, o seu asasinato e o do novo sucesor Khalil deron o poder ao cuarto dos fillos do fundador da dinastía Shāh Rokh, que derrotou os Kara Koyünlü e se apoderou de Acerbaixán. Á morte de Sah Ruh iniciouse a decadencia timúrida. Un dos membros da familia conseguiu situarse en India, onde fundou o imperio do Gran Mogol.