"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1988. Anteriormente se denominaba Casa de Banca Perfecto Castro Canosa. En 1996 pasou a denominarse AM Agrupació Mutua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo, constituído en Madrid no ano 1962 como sucesor do Instituto de Crédito para a Reconstrución Nacional, creado no ano 1939 para financiar a reparación dos danos materiais da Guerra Civil española. No 1982 foi disolto debido á súa absorción polo Banco Hipotecario de España (BHE); en 1991 á súa vez integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución internacional con sede en Londres creada en 1990 co obxectivo de facilitar a transición dos países europeos de economía planificada cara á economía de mercado. Foi fundado por 30 países: Australia, Canadá, Corea do Sur, os estados europeos, EE UU, Israel, Marrocos, México, Nova Celandia e Xapón, así como polo Banco Europeo de Investimentos e a Comisión Europea. En 1999 estaba constituído por 60 membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con sede en Washington e integrada no grupo do Banco Mundial (ás veces trátanse como entidades equivalentes). Os estatutos do BIRF asináronse o 27 de decembro de 1945 por 38 países; sen embargo, non iniciou as súas actividades ata o 25 de xuño de 1946. Un acordo posterior entre o consello de gobernadores do Banco Mundial e as Nacións Unidas, converteu o BIRF nunha entidade bancaria dependente da ONU dende 1947. Entre os países fundadores do BIRF están: EE UU, Reino Unido, Francia e a India. En 1952 incorporáronse Xapón e a República Federal de Alemaña. En 1980 determinouse que tiña que ser a República Popular de China quen representase a China no Banco, substituíndo a Taiwán. Posteriormente, no 1992 incorporáronse Suíza, Rusia e os restantes países da CEI. No ano 2000 os países membros eran máis de 180, entre os que se incluían todos os da Unión Europea e bastantes do Terceiro Mundo. A estrutura orgánica do BIRF componse dunha xunta de gobernadores, que é o órgano deliberante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Alonso Barba.
-
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse como pintor no ano 1982; sen embargo, axiña se centrou na escultura. A mediados dos oitenta comezou a realizar intervencións na paisaxe, recollendo diversos obxectos que sacaba do seu contexto. Despois levou a cabo actuacións in situ das que soamente se conservan testemuños fotográficos. A pesar da utilización de materiais de desfeito, que o sitúan na beira da arte povera, a súa obra é fundamentalmente conceptual. A serie Gallegos (1987), malia a escaseza dos materiais utilizados e de ser debuxados polo azar, reflicte unha gran destreza. En 1989 na exposición Expolio (Santiago de Compostela) presentou un conxunto de obras con material descontextualizado que empregou para compoñer imaxes harmónicas e estéticas. En 1993 realiza unha obra marcada polo carácter poético, Little Bang. Nos últimos anos centrouse no estudo da arte e da súa consideración social e comercial, expresadas a partir dunha dose de ironía e de sentido crítico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trala morte do xeneral Francisco Franco, Xefe do Estado, o 20 de novembro de 1975, e diante da perspectiva dunha posible ruptura constitucional do réxime que encarnaba, o Consello de Forzas Políticas Galegas -integrado polo Partido Galego Social-Demócrata, o Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego- acordou plasmar nun documento os puntos mínimos irrenunciables para a súa participación no proceso de reforma. O Consello aprobou o 7 de abril de 1976 as Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego e o Proiecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisório Galego. A UPG preparou en abril de 1976 unha edición dos documentos co obxectivo de someter o seu contido á máis ampla discusión. O Proiecto pretendía trazar un esquema xeral dos principios e obxectivos que deberían presidir e orientar, respectivamente, a concepción dunha política de desenvolvemento para Galicia e, máis en concreto,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partida carlista galega moi temida, que tiña por caudillo a frei Saturnino Enríquez, un franciscano que fuxira o 14 de maio de 1835 do convento da Vot da Mercede en Melide para pasar a integrar as filas das guerrillas que defendían o Absolutismo a carón de Antonio López, quen estaba ao mando da partida de Sobrado-Arzúa-Melide. Formado no ano 1836, trala morte de Antón López, por desmembración da partida que dirixía, tivo o seu lugar de actuación na área de Mesía, nas terras do interior de Betanzos. O Batallón da Constancia tiña como segundos a Fraga e Andrés Carril, e adquiriu unha nomeada reputación de partida sanguinaria polas súas medidas represivas e polas súas sentencias sumarísimas. A violencia e as extorsións veñen a confirmar a escasa atención que lle prestaba ás recomendacións de moderación dadas polo presidente da xunta carlista galega, Juan Martínez Villaverde. En 1840 frei Saturnino fuxiu a Portugal, onde morrería en 1845 ou 1846, logo da disolución do seu batallón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantin Nikolajevic Bat’uškov.
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. A súa poesía, liberal e renovadora, seguiu a tradición anacreóntica: Moi penaty (As miñas mágoas, 1814). Cultivou tamén a elexía histórica e evoluíu cara a unha poesía profundamente melancólica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Benxamín Disraeli.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Investigou no campo da dinámica de fluídos. En 1892 publicou unha obra onde describía o ciclo completo do motor de explosión de catro tempos; sen embargo, os seus traballos permaneceron ignorados ata que adquiriron un renovado interese trala publicación das investigacións de Nicolás Otto. Interesouse tamén pola telegrafía submarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en filmes mudos antes de regresar a Hollywood e converterse nunha figura importante do cine sonoro. En 1944 creou a súa propia produtora e en 1950 unha compañía de cosméticos. Traballou, entre outros, nos filmes: Fighting Death (Loitar a morte, 1914), Born to Love (Nacida para amar, 1931), Moulin Rouge (A estrela do Moulin Rouge, 1934), Two Faced Woman (A muller das dúas facianas, 1941) e Madame X (A muller X, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor manierista, fillo de Pedro Berruguete. Entre 1508 e 1516, aproximadamente, traballou en Roma e Florencia, onde foi axudado por Michelangelo Buonarroti, quen influíu na súa traxectoria artística. Cando volveu a Castela en 1517 estivo vinculado, como pintor do Rei, á Corte de Carlos V, para quen realizou diversos encargos de pintura e escultura, mais non acadou o seu favor e dende 1526 permaneceu afastado da Corte. Asentado en Valladolid, dedicouse principalmente á escultura. Os seus primeiros grandes retablos, o do mosteiro da Mejorada de Olmedo (1523) e o de San Benito de Valladolid, acredítano como o escultor máis destacable do s XVI. Outras obras importantes son o retablo do Colexio de los Irlandeses, de Salamanca (1529); o da Epifanía, da igrexa de Santiago (Valladolid, 1537); os relevos do coro e o grupo en alabastro da Transfiguración que coroa a cátedra arcebispal da catedral de Toledo (1539); o retablo da Visitación na igrexa de Santa Úrsula (Toledo)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Autor de diversas obras de antropometría, foi o creador dun sistema antropométrico de identificación de criminais nomeado bertillonaxe, que obtivo un destacado éxito dende a súa implantación. Escribiu La photographie judiciaire (A fotografía xudiciaria, 1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico sueco. Foi o descubridor do selenio, do cerio e do torio, e o primeiro en illar o calcio, o estroncio, o bario, o tántalo, o silicio, o vanadio e o circonio. A súa contribución científica máis importante foi o intento de establecer un primeiro sistema de pesos de combinación ou de pesos atómicos. Os resultados destas últimas investigacións, xunto coas leis de Dalton, Proust e Richten, foron publicados baixo o título de Éssai sur la théorie des proportions chimiques (Ensaio sobre a teoría das proporcións químicas). Introduciu a notación química actual e os conceptos de isomería, halóxeno, acción catalítica e radical orgánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solucións da ecuación de Bessel.
-
GALICIA
Franciscano. Dende 1542 participou na evanxelización de América Central. Debido ao coñecemento que tiña das linguas indíxenas (guatemalteco, cachiquil, utlateco e tzutucil), publicou un catecismo bilingüe (español-cachiquil) e un vocabulario en lingua guatemalteca, do que non se conserva ningún exemplar.
VER O DETALLE DO TERMO