"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertenceu ao estamento militar, e estivo baixo o mando de Martín I e Fernando de Antequera. Consérvanse quince poesías súas no Cançoner dels Masdovelles (1389-1438), que comprende sirventeses, debates e algunhas composicións de tema lírico escritas en occitano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, sobriño de Guillem de Masdovelles. A súa obra (1438-1467) é moi rica en formas de versificación e trata case todos os temas posibles, comprende poesías amorosas, relixiosas, comedias, lais e debates. As súas composicións políticas céntranse na loita polo poder entre Xoán II de Aragón e o príncipe de Viana. Consérvanse unhas 180 poesías recollidas no cancioneiro autobiográfico de finais do segundo terzo do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, irmán de Joan Berenger e sobriño de Guillem de Masdovelles. É autor de seis composicións conservadas no Cançoner dels Masdovelles e no Cançoner d’obres enamorades de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (448-458?). Deulle nome á primeira dinastía e hai textos tardíos que falan da súa participación na vitoria de Aecio sobre Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451), pero dubídase da súa verdadeira existencia histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mesovélidos.

    2. Insecto da familia dos mesovélidos.

    3. Familia de insectos acuáticos, da orde dos hemípteros, de pequeno tamaño que presentan cabeza oblonga ou ovoide e ollos globosos. Atópanse sobre a superficie de augas estancadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planador que dispón dun grupo motopropulsor para levantar o voo e como axuda para buscar as ascendencias atmosféricas.

    2. eleiro dotado de motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se move ou pode moverse con facilidade.

    2. Que mostra inestabilidade e inconstancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mover ou moverse.

      1. Cambio de posición dun corpo, nun sistema material, respecto a un sistema de referencia e en función do tempo. As investigacións feitas por Kepler, Galileo e Newton sobre o movemento fixeron abandonar a idea aristotélica dun universo intuitivo e deron lugar ao nacemento da mecánica, que se divide en cinemática, que estuda o movemento sen ter en conta as causas que o producen, e a dinámica, que considera a casualidade. O espazo e o tempo son os parámetros que determinan o movemento, xuntamente co establecemento dun sistema de referencia. Para un punto material, defínense tres conceptos: a traxectoria, a velocidade e a aceleración. En función destes estúdanse esencialmente catro tipos de movemento: rectilíneo uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e dirección e calquera aceleración é nula; circular uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula; rectilíneo...

      2. movemento absoluto

        Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.

      3. movemento acelerado

        Movemento en que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.

      4. movemento browniano

        movemento browniano.

      1. Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.

      2. movemento ameboide

        Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola protrusión de pseudópodos.

      3. movemento automático

        Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela en 1975 co nome de Asociación para a Correspondencia e a Imprensa Escolar, en conexión coa asociación española do mesmo nome, e que despois pasou a denominarse Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega. Esta asociación naceu como consecuencia do movemento galeguista que xurdiu no ensino na década de 1970 e avogaba pola renovación pedagóxica, baseada na pedagoxía desenvolvida por Célestin Freinet, desde perspectivas galeguizadoras do ensino. Propugnaba unha escola popular e cooperativa, preferentemente ao servizo dos fillos das clases populares, en que o saber se construía coa participación de todos e cada un dos implicados na educación do neno, tanto no seu ambiente habitual coma no interior da escola. O Movemento editou, entre 1978 e 1981, a revista pedagóxica As Roladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional formada por estados non integrados en ningún dos dous bloques político-militares xurdidos despois da Segunda Guerra Mundial. Fundada en 1961 en Belgrado, os seus membros, maioritariamente estados do Terceiro Mundo, promoven a cooperación mutua para o establecemento dunha nova orde económica e política para contrarrestar o peso das grandes potencias. Tivo os seus antecedentes na Conferencia de Bandung (1955) e celebrou conferencias periódicas: Belgrado (1961), O Cairo (1964), Lusaka (1970), Alxer (1973), Colombo (1976), La Habana (1979), Nova Delhi (1983), Harare (1986), Belgrado (1989), Xacarta (1992), Cartagena de Indias (1995), Durban (1998) e Kuala Lumpur (2003). Coa disolución de URSS (1991) e a desaparición dun mundo politicamente bipolar, o movemento reformulou a súa estratexia poñendo énfase no seu papel de portavoz do Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á figura, xeralmente un brazo armado, que sae de calquera parte do bordo do escudo, como se quedase unha parte oculta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cambiar de lugar ou de posición unha cousa.

      2. Desprazar datos dunha posición de memoria a outra.

      3. Cambiar de lugar a peza dun xogo.

    1. Ser causa de que algo ou alguén se poña en movemento.

    2. Intervir nun asunto para facilitar a súa execución.

    3. Ser o motivo que incita a alguén a facer algo ou a adoptar unha actitude. OBS: Constrúese seguido da preposición a.

    4. Cambiarse de lugar ou de posición algo ou alguén.

    5. Actuar con algún fin.

    6. Realizar as xestións necesarias para resolver un asunto coa maior brevidade posible.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sistema nervioso vexetativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis formuladas por I. Newton. A primeira lei do movemento di que todo o sistema físico illado, é dicir, sobre o que non actúa ningunha forza exterior, mantense no seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme. A segunda lei do movemento di que a variación do estado de repouso ou de movemento rectillíneo e uniforme dun sistema físico é proporcional á forza exterior que se lle aplica, e maniféstase na mesma dirección ca a forza. Por último, a terceira lei do movemento establece que toda acción (forza) aplicada a un sistema físico se opón a unha reacción igual e de sentido contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oito máis un.

    2. Que ocupa o lugar número nove nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a noveno.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 9 e na romana por IX.

    4. Aquilo que nunha serie vai marcado co número nove.

    5. Novena hora despois de mediodía ou de media noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral que crearon en 1996 no Carballiño a actriz Josi Lage e o actor Jouse García. O colectivo desenvolve un importante traballo de animación teatral en colexios e asociacións culturais da comarca do Carballiño. En 1997 presentaron o primeiro espectáculo Sobre o dano que fai o tabaco, que está baseado no texto de Antón Čekhov, e que o dirixiu Xesús Ron. Tamén estrearon Crimes anónimos (1999), sobre textos de Max Aub, con dirección de Roberto Cerdá, Rexurdimento. Coplas de cego (2000), con texto e dirección de Afonso Becerra, O porqué das cousas (2003), de Quim Monzó, e Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas (2004), de Rodrigo García, dirixidas ambas as dúas por Roberto Cerdá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento cultural de alcance político que se iniciou en Catalunya a principios do s XX. Os seus principais abandeirados foron Eugeni d Ors, Josep Carner, Jaume Bofill i Mates, Josep Pijoan, Francesc d A. Galí, J. Torres García, Xavier Nogués e Feliu Elias cuxa característica común foi a superación da tradición romántica e o modernismo. Acordaron que 1906 representara a apertura do movemento, que, pouco a pouco, foi construíndo todo un programa, grazas á plataforma mínima de goberno que representou o poder de Enric Prat de la Riba   e o seu equipo político. O seu obxectivo primeiro foi a formación dunha lingua literaria común, codificada pero flexible, e útil para calquera disciplina. Nas artes plásticas, ao comezo, o novo movemento concretouse no arcaísmo depurador que cultivaron algúns posmodernistas, moitos dos que se integraron despois na asociación Les Arts i els Artistes, que sintetizou inquedanzas renovadoras diversas. En pintura foi encarnado polo clasicismo de J. Torres García,...

    VER O DETALLE DO TERMO