"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Marín e inaugurado en 1992, a partir da doazón realizada polo artista Manuel Torres. A súa colección abarca desde a pintura de paisaxes, bodegóns ou retratos, ata debuxos, gravados, tinta ou esculturas. Organiza tamén exposicións temporais e diversos actos culturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal de Vigo situado no pazo de Castrelos e inaugurado en 1937. A súa colección abrangue achados arqueolóxicos que van do Paleolítico ata a romanización, mobiliario e decoracion da época de construción do edificio, unha exposición permanente de pintura europea dos ss XVII-XVIII doada por Policarpo Sanz e unha importante mostra plástica de autores galegos do s XX, como Castelao, Colmeiro, Silveiro Rivas, Acisclo Manzano, Laxeiro e Urbano Lugrís. Ademais, conta cunha sala dedicada ao castro de Vigo e outra sobre a romanización da comarca. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura dun coprecipitado de xabóns de aluminio con ácidos nafténicos e ácidos graxentos, a miúdo de coco, que, engadida á gasolina, a conxela. Emprégase na carga de explosivos incendiarios.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. Profesora do Internationale Sommerakademie für Bildende Kunst Salzburg desde 1999, na década de 1980 realizou escenografías e intervencións en espazos de arquitectura pública e privada. Participou nas feiras de arte Arco de Madrid, Fiac de París, Art Cologne de Colonia e Fia de Caracas. Como mostras individuais da súa produción destacan Instalación (1977), Interiores con bombilla (1985), Almacén de silencios (1996) e Trasluz (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona olfactiva da cortiza cerebral.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia meridional, situado no Himalaia, limita ao N con China, e ao L, ao S e ao O con India (147.181 km2; 23.077.791 h [2001]. A súa capital é Katmandú.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Nepal é un país esencialmente montañoso. O N comprende a parte máis elevada do Himalaia, co Everest (8.848 m), o Kānchenjunga (8.598 m), Dhawlāgiri (8.172 m), e o Annapurna (8.078 m), mentres que ao S aparecen as formacións do Himalaia exterior, que acadan altitudes menos elevadas (3.000 m), e que descenden gradualmente cara ao extremo S do país, onde dan lugar a unha estreita franxa chá, calorosa, húmida e cuberta de bosque. O clima é monzónico, pero o Himalaia exterior evita a penetración cara ao N, onde o clima é máis seco e rigoroso; polo contrario, ao S, o clima é máis suave e con chuvias abundantes. A vexetación está formada por bosque tropical ao S, e bosque caducifolio, de coníferas e de prados permanentes cara ao N. As actividades económicas... -
-
Relativo ou pertencente a Nepal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nepal.
-
Lingua indoirania do phylum indoeuropeo que se fala en Nepal.
-
Arte desenvolvida en Nepal. Ten unha tradición chinesa, india e tibetana. De tellados curvilíneos ou ben de ángulos secos, emprega a madeira e o ladrillo e con frecuencia as paredes aparecen recubertas de bronce cicelado. No comezo do s X desenvolveuse unha importante escola de pintura de manuscritos sobre palma. Destacan o templo de Pashupati e a estatua do deus Bhaivai en Katmandú.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
nepalés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sicilia ? - Roma ?) Virxe e mártir. Confesou publicamente que Xesús Cristo era o verdadeiro Deus. É a patroa de Palermo, capital de Sicilia. A súa festividade celébrase o 10 de novembro aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2chumbeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga residencia de verán dos príncipes electores e reis de Baviera, en Múnic, construída en varias etapas desde 1664. Comezada por A. Barelli (1664-1675), foi ampliada en tempos de Maximiliano II Manuel (1679-1726) por J. Effner, con pavillóns como os de Badenburg (1718-1721) e Magdalenenklause (1725-1728). Finalmente engadíuselle o Amlienburg (1734-1739), obra de F. de Cuvilliés e peza mestra da arte rococó.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
-
Propiedade que presentan o ópalo e algunhas outras substancias que se caracterizan por ter un aspecto leitoso e ás veces iridiscente. As substancias opalescentes teñen dúas fases de diferente índice de refracción que se dispersan unha na outra.
-
Opalescencia que presenta un gas mentres pasa ao estado líquido a causa da temperatura crítica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o aspecto ou a aparencia de ópalo, coa cor e as irisacións propias del.
-
VER O DETALLE DO TERMO
idro de cor azulada ou branca con reflexos irisados que imita o ópalo e que se utiliza en revestimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos flaxelados, da orde dos opalínidos, que se caracterizan por teren os flaxelos curtos e moi numerosos con máis dun núcleo na súa masa celular. Son parasitos do tubo dixestivo dos vertebrados poiquilotermos e nútrense de substancias disoltas nos zumes intestinais.
-
-
Relativo ou pertencente aos opalínidos.
-
Protozoo da orde dos opalínidos.
-
Orde de protozoos flaxelados que inclúe especies incoloras de 100 a 350 μ de lonxitude, que presentan un corpo plano e cuberto de numerosos flaxelos curtos. Parasitan o intestino de vertebrados poiquilotermos e especialmente de anfibios anuros, onde se atopan en gran número na dilatación rectal, e nútrense das substancias disoltas por medio dun simple proceso de osmose.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao ópalo.
-
opalescente.
-
-
-
Dar a algo carácter de ópalo.
-
Adquirir aspecto de ópalo.
-