Museo Municipal Quiñones de León ou Museo de Castrelos

Museo Municipal Quiñones de León ou Museo de Castrelos

Museo municipal de Vigo situado no pazo de Castrelos e inaugurado en 1937. A súa colección abrangue achados arqueolóxicos que van do Paleolítico ata a romanización, mobiliario e decoracion da época de construción do edificio, unha exposición permanente de pintura europea dos ss XVII-XVIII doada por Policarpo Sanz e unha importante mostra plástica de autores galegos do s XX, como Castelao, Colmeiro, Silveiro Rivas, Acisclo Manzano, Laxeiro e Urbano Lugrís. Ademais, conta cunha sala dedicada ao castro de Vigo e outra sobre a romanización da comarca. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.