Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
[MNCARS] Museo e centro de exposicións situado no antigo hospital de San Carlos de Madrid. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Naceu co propósito de converterse nun gran museo de arte do s XX. Conta cunha colección estable formada polas obras que recibiu do Museo Español de Arte Contemporáneo, representativas da arte española da primeira metade do s XX. A elas sumouse o Guernica, os estudos de Picasso e os legados de Dalí e Miró. Ademais da colección permanente, organiza exposicións temporais e outras actividades. Como espazos complementarios, conta co Palacio de Cristal e o Palacio de Velázquez, no Parque del Retiro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1977.