Museo Nacional de Arte Romano
Museo Nacional de Arte Romano
Museo de titularidade estatal inaugurado en 1986, situado en Mérida nun edificio anexo ao teatro e ao anfiteatro romanos. Os seus fondos están formados por vestixios romanos que proveñen do xacemento arqueolóxico de Emerita Augusta e constribúen á divulgación do importante significado que a romanización tivo para a cultura e a arte de España. Nas dependencias da igrexa de Santa Clara atópase o Museo de Arte Visigoda.