"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome en afrikaans de Cidade do Cabo.
-
PERSOEIRO
Artista de variedades austríaco. Durante a Segunda Guerra Mundial presentou en Barcelona espectáculos de revista e opereta vienesa, xunto con Franz Johann. Estableceuse en Barcelona e foi director de programas de TVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Segundo faraón da IV dinastía. Ordenou construír a Gran Pirámide que leva o seu nome en Al- Ǧ iza. Considerada como unha das sete marabillas do mundo, consta de tres galerías que conducen a tres cámaras funerarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Quedlinburg, Saxonia 1724 - Hamburgo 1803) Poeta alemán. Publicou o primeiro volume de Der Messias (1751, versión completa, 1773), poema formado por 20.000 versos, no que domina un lirismo optimista e exultante que influíu en Goethe, Schiller e, sobre todo, Hölderlin. Contribuíu á introdución do hexámetro na poesía alemana. Os versos libres das Oden (Odas, 1771), de influencia pindárica, inclúen temas clásicos tratados cunha óptica nova, que anuncia o romanticismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais e perennes, da familia das asteráceas, que presentan follas ovadas e flores en capítulo. A este xénero pertence a herba dos peitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristiáns que nos ss III e V negaban a súa fe por medo ás persecucións. Ao multiplicarse os desfalecementos, particularmente por mor da persecución de Decio entre 250-251, foi aceptado, por influencia de Cebrián, que os lapsi fosen readmitidos na Igrexa despois dunha seria penitencia. Os intransixentes opuxéronse e con Novaciano fundaron unha igrexa cismática.
-
-
Erro que se comete por inadvertencia ou distracción.
-
Espacio de tempo transcorrido entre dous momentos ou acontecementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa un erro que se comete ao escribir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina coa que se denomina un erro que se comete ao falar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica aparecida en xaneiro de 1983, editada polo departamento de Psicoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu artigos en que analizaba actitudes e comportamentos sociais, teorías da aprendizaxe, métodos de avaliación, bibliografía e cadros estatísticos.
-
PERSOEIRO
Cantante e autor escocés. Foi o primeiro gran solista do pop británico e pioneiro na recuperación do tradicional folk das illas. Realizou unha xira con Bob Dylan e Joan Baez, e foi aclamado no festival folk de Newport (1965). Das súas cancións destacan “Catch the wind”, “Colours”, “Jennifer Juniper” e “Sunshine Superman”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Identificouse especialmente co estruturalismo europeo. Escribiu La linguistica strutturale (1969), Saggi di linguistica italiana (1978), Intorno a Saussure (1979), Mutamenti di prospectiva nella linguistica (1981) e Mother Tongues & Other Reflections on the Italian Language (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e administrador. Cónsul no Cairo en 1833, ocupouse da educación de Sa’īd, fillo de Mu Palatino; ḥ ammad ‘Alī e interesouse polo proxecto de apertura dun canal entre o Mediterráneo e o Mar Vermello. Cónsul en Barcelona (1842-1848), foi ministro plenipotenciario en Madrid (1848-1849). En 1854 obtivo de Sa’īd a concesión da compañía internacional que abriría e explotaría o canal de Suez. En 1876 fundou unha compañía para abrir o canal de Panamá e iniciou os traballos, pero a empresa crebou en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que presenta follas alternas, pecioladas, flores en capítulos pedunculados, con lígulas amarelas ou brancas e froito en aquenio con vilano en coroa escariosa. En Galicia florece entre marzo e xullo a especie L. flaveola.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerou que a psicoloxía era a base da reflexión filosófica, aínda que máis tarde se decantou pola fenomenoloxía husserliana. Escribiu Die ethischen Grundfragen (Problemas éticos fundamentais, 1902) e Leitfaden der Psychologie (Fío condutor da psicoloxía, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada ao longo do río Lippe, na selva de Teutoburg (62.100 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista flamengo. Coñecido co nome latinizado de Justus Lipsius, converteuse ao luteranismo e foi profesor na Universidade de Jena (1572-1575) e na universidade calvinista de Leiden (1578). Trala publicación de Seis libros sobre política (1589) e De una religione (1590), converteuse en sospeitoso para os reformadores, polo que cambiou a relixión pola católica. Tamén escribiu De constantia (1583) e De militia romana (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relicario con forma de caixa ou arqueta.
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Traballou nas universidades de Minnesota e Harvard. Deduciu a estrutura dos boranos mediante o uso de raios X e resonancia magnética, e propuxo a existencia dun novo tipo de enlace en ponte de hidróxeno. Escribiu Boron hydrides (1963) e Nuclear magnetic resonance studies of boron and related compounds (1969). En 1976 recibiu o Premio Nobel de Química pola dedución da estrutura dos boranos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joost Lips.