"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • GALICIA

    Biólogo e historiador das ciencias. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia na década de 1970. Dende principios da década de 1980 céntrase no estudo da Historia das Ciencias, e coordina o Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas dende 1987. En 1994 pasa a dirixir, e posteriormente codirixir, a publicación Ingenium, do Seminario de Estudos Galegos, e en 1995 entra no consello de redacción da revista Llull, publicada pola Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas. Publicou numerosos artigos sobre ensino e historia das ciencias e coordinou o Dicionario Histórico das ciencias e das técnicas de Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobeira baixo a advocación de san Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Albeos (Crecente). Tivo dereito de asilo. Ten planta en forma de U con dúas alturas. Nunha das ás laterais consérvase a torre cunha garita na esquina. O patio é rectangular e péchase por unha porta que conserva un escudo e unha inscrición coa data de 1706.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola asociación Hijas de Galicia de La Habana entre o 1 e o 31 de xullo de 1931. Incluíu información societaria, artigos e traballos dirixidos ás mulleres e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Campo Lameiro baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, un guión de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Campo Lameiro. De orixe románica (s XII), só conserva a fachada pois o resto da construción foi remodelada. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta sostida por columnas cos capiteis decorados: un home loitando cun animal, un home en crequenas, un animal atacando unha serpe e unha cesta con motivos vexetais. No tímpano represéntase a un bispo, que sostén na man esquerda un báculo mentres bendí coa dereita, flanqueado por dous cegos que portan un libro e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Buque de vela de tres ou máis paos machos con mastros e velas de cruz en todos eles. Aparece na primeira metade do s XVII e, ata a construción das grandes corvetas de ferro, de catro e cinco paos, no último terzo do s XIX, era o veleiro de maior porte, xa que o seu aparello, polo número de tripulantes que precisa e a complexidade da súa manobra, só é propio de cascos grandes. Había fragatas de guerra e mercantes. Na mariña de guerra a vela, tiñan un aparello igual ca os navíos, pero eran de menor envergadura e contaban cunha soa batería de lado a lado e un armamento inferior aos 60 canóns. Como navío de combate, foi empregado polos aliados durante a Segunda Guerra Mundial para protexer comboios e facer servicios de patrulla. Posteriormente, construíronse diversos tipos de maior tonelaxe (1.500-4.000 T e 100-120 m de eslora) destinadas a misións de escolta antisubmariña e antiaérea, moitos deles dotados de mísiles e de plataformas para o transporte de helicópteros. Tamén recibe o nome de...

      2. fragata de vapor

        Buque que no s XIX, ademais de aparello de fragata, tiña unha hélice.

    1. Ave mariña do xénero Fregata, da familia dos fregátidos, de ás moi longas e estreitas -de ata 210 cm de envergadura-, cola longa con forma de forquita, peteiro fino, longo e ganchudo e plumaxe negra co peito branco nas femias. Os machos teñen a gorxa de cor vermella e poden inchar, durante o período reprodutor, unha gran bolsa que teñen neste lugar. Capturan peixes na superficie do mar mentres voan e frecuentemente parasitan outras aves, especialmente mascatos, ás que perseguen para obrigalas a regurxitar o alimento que teñen no papo. Non se pousan na auga e dormen en grandes grupos, as máis das veces, en illas arboradas. Son propias dos mares do hemisferio sur. Nas costas galegas a especie Fregata magnificens é unha ave moi rara e accidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fragmentar ou fragmentarse.

    2. División dunha masa rochosa en fragmentos a causa da acción do xeo e da cuberta vexetal. Ao conxelarse, a auga que está nas fisuras exerce unha presión que provoca, no desxeo, rupturas nas rochas. Tamén as raíces das plantas poden chegar a ter unha acción mecánica e unha acción química, mediante a exsudación de ácidos.

    3. Proceso polo cal unha longa e continua área de hábitat é reducida en área e dividida en dous ou máis fragmentos. Estes fragmentos de hábitat orixinal a miúdo son illados doutros por unha paisaxe altamente modificada ou degradada. Un hábitat fragmentado difire dun orixinal en que os fragmentos teñen un bordo máis amplo para a área do hábitat, de xeito que o centro de cada un destes fragmentos se sitúa nunha posición máis achegada ao bordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir algo en fragmentos.

    2. Dividirse algo en fragmentos ou partes pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está constituído por fragmentos.

    2. Que non está completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de algo que rompeu ou se dividiu.

    2. Parte que se conserva dun escrito do que se perderon as outras partes.

    3. Parte dunha composición musical ou dunha obra literaria.

    4. Parte de cada un dos títulos do Dixesto que servía, na práctica xurídica, nas glosas e nos tratados de dereito, para citar os textos. Utilízase xeralmente a sigla ff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na composición de palabras co significado de ‘pechado’, ‘tabicado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basidio dividido en compartimentos separados por tabiques formados despois das divisións do núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte alongada, recta e con tabiques, da cuncha interna dos belemnitas e das sepias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte medial do fuso acromático da célula vexetal sobre a que se forma a placa celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador francés. Comezou pintando obras de tema histórico, como o Corésus et Callirrhoé (1756), que deixou polo tema galante, que acometeu con pincelada solta e vibrante en L’escarpolette (A randeeira), Le chemise enlevée (A camisa levantada) e Les baigneuses (Bañistas). Cultivou tamén a paisaxe en La fête a Saint-Cloud (Festa a Saint-Cloud, 1775), o retrato en L’abbé de Saint-Non (O abade de Saint-Non,1769), escenas familiares e antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído forte que se produce ao estoupar ou crebarse algo violentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca moito fragor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de fragoso.

    VER O DETALLE DO TERMO