fragmentación
(< fragmentar)
-
s
f
Acción e efecto de fragmentar ou fragmentarse.
-
s
f
[XEOL]
División dunha masa rochosa en fragmentos a causa da acción do xeo e da cuberta vexetal. Ao conxelarse, a auga que está nas fisuras exerce unha presión que provoca, no desxeo, rupturas nas rochas. Tamén as raíces das plantas poden chegar a ter unha acción mecánica e unha acción química, mediante a exsudación de ácidos.
-
fragmentación de hábitats
[ECOL]
Proceso polo cal unha longa e continua área de hábitat é reducida en área e dividida en dous ou máis fragmentos. Estes fragmentos de hábitat orixinal a miúdo son illados doutros por unha paisaxe altamente modificada ou degradada. Un hábitat fragmentado difire dun orixinal en que os fragmentos teñen un bordo máis amplo para a área do hábitat, de xeito que o centro de cada un destes fragmentos se sitúa nunha posición máis achegada ao bordo.