"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Documentación das múltiples empresas comerciais do mercador toscano Francesco di Marco Datini. Cando morreu no ano 1410, os arquivos quedaron na fundación Pia Causa dei Ceppi, de Prato (Toscana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da documentación da Santa Sé relativa a toda a Igrexa Católica. Primeiramente estivo situado preto da basílica de San Lourenzo, en Damaso no s IV; tres séculos despois repartiuse toda a documentación entre a basílica de San Xoán Lateranicio e a Turris Chartularia, próxima ao Arco de Tito. Durante o pontificado de Inocencio III (1198-1216) comezou a serie ininterrompida dos rexistros papais, que se situou preto de San Pedro do Vaticano. Actualmente as súas principais seccións son as seguintes: chancelería, dataría, cámara apostólica, consistorio (deliberacións) e secretaría do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito da documentación relativa aos descubrimentos, ás conquistas e á administración das antigas posesións castelás de América e doutros territorios de ultramar, situado en Sevilla. Foi creado por Carlos III en 1781. Ocupa o antigo edificio da lonxa sevillana, construído a finais do s XVI. Os seus fondos orixinarios proveñen do Archivo General de Simancas, da Casa de Contratación e, posteriormente, do ministerio de Ultramar e doutros arquivos de carácter privado. A documentación que recolle (dividida en 14 seccións) comprende información sobre os descubrimentos, descrición de territorios e poboacións, os méritos e servicios dos primeiros descubridores, as reais cédulas de concesión de escudos de armas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito establecido en Zaragoza para axuntar a documentación do antigo Reino de Aragón. A súa formación foi ordenada polas cortes de Monzón do 1427. As bombas francesas de 1809 incendiárono nunha boa parte. A conservada da deputación do Reino comprende, entre outras, as seguintes seccións: obras, correo enviado, mandatos, inventarios, nomeamentos, rexistros de actas, índice sumario, asistencia, habilitación de cabaleiros, matrículas de insaculados, infanzonía e finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica do Instituto Diego Velázquez do CSIC (Madrid). Fundada en 1940, continúa a mesma liña da antiga publicación Archivo Español de Arte y Arqueología (1925-1937), dedicada a difundir traballos de erudición sobre diversos temas de arte hispánica, constituíndo a súa fonte fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental formado en Pamplona cos arquivos diplomáticos, de gobernación e de contabilidade do antigo Reino de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental destinado a gardar a documentación producida polas diversas institucións estatais de Castela e da monarquía hispánica. O arquivo contén 61.505 legados e 5.196 volumes, comprendidos principalmente entre os ss XV e XVIII. As series principais catalogadas son títulos de Castela, Flandres, Italia e Portugal, amais de negociacións con Inglaterra e rexistros do selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental creado en 1866 en Madrid, coa xuntanza de diversos arquivos do estado español e doutras procedencias, civís e eclesiásticas, cando xa existía o Archivo General de Simancas. En 1850, os documentos dos mosteiros e conventos desafectados e os das propiedades do estado foron recollidos na Real Academia de la Historia, de Madrid; pouco despois organizouse un arquivo xeral en Alcalá de Henares. O Archivo Histórico Nacional axuntou todos estes fondos -agás os da parte administrativa que permaneceron en Alcalá-, que foron destruídos durante a Guerra Civil (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida na Coruña en 1949 dedicada á medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na cidade da Coruña en abril de 1951. Formaban o consello de redacción os doutores P. Carda Aparici, X. García Bengoa e X. Mª. Santiago Luque. Colaboraron D. Carballeira, C. Sánchez Botija, X. Rof, L. Escribano e E. Gallego. Editouse por medio de fascículos ordenados alfabeticamente e a súa temática está relacionada coa veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco con apoio e capacidade para varias persoas que ten debaixo unha especie de arca que serve para gardar cousas, especialmente o gran e a carne de porco curada; emprégase tamén de asento e algúns teñen mesa de madeira incorporada e movible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, tamén coñecido como Arcimboldo. A súa pintura baséase no gusto pola alegoría, tan propio do Renacemento, e na afección pola extravagancia, propia do Manierismo. Na súa obra máis coñecida, os heteroxéneos elementos representados, sobre todo vexetais, artéllanse para conformar figuras antropomorfas, mesmo auténticos retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político colombiano. Ministro de Educación, embaixador e profesor, destacou na súa faceta periodística. É autor de reconstrucións históricas e libros de ensaio: América Tierra firme (1937), Biografía del Caribe (1945), América mágica (1959-1961), Nuevo diario de Noé (1969), América en Europa (1975) e El revés de la historia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decoración arquitectónica que imita as formas e estrutura dunha rede. Utilizouse moito durante a Idade Media, especialmente nos capiteis románicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de arcipreste.

    2. Territorio situado baixo a xurisdición eclesiástica dun arcipreste.

    3. Conxunto territorial que agrupa a varias parroquias baixo a figura do arcipreste. De orixe incerta, xa nos concilios de Braga (561) e de Mérida (666) aparecen referencias ao cargo de arcipreste. Ata 1851 foi unha circunscrición intermedia entre o arcediagado e a parroquia. Naceu co obxectivo de axudar os bispos, principalmente nas funcións litúrxicas. Ao incrementarse a complexidade da administración eclesiástica, aumentou o número dos arciprestados, e con el as diferencias entre urbanos e rurais. As demarcacións adaptáronse ás estruturas administrativas e sociais. Na Idade Media, os arciprestes son denominados en moitas ocasións co nome de “deán” (decanus) xa que, polo xeral, cada un deles acostumaba a presidir un número de dez presbíteros. O Concordato de 1851 fixo desaparecer o cargo de arcediago, pasando os arciprestes a ocupar un papel máis relevante nas relacións entre os cabidos e as parroquias. O Concilio Vaticano II asignoulle funcións máis espirituais que administrativas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao arcipreste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

    2. Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

    3. Sacerdote dunha catedral, o máis vello polo xeral, que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

    4. Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de San Xoán, San Pedro e Santa María a Maior de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO