arcipreste

arcipreste

(

  1. s m [ADM/RELIX]

    Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

  2. s m [ADM/RELIX]

    Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

  3. s m [ADM/RELIX]

    Sacerdote dunha catedral, o máis vello polo xeral, que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

  4. cardeal arcipreste [ADM/RELIX]

    Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de San Xoán, San Pedro e Santa María a Maior de Roma.