"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Jakob Hermann.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, duns 30 cm de lonxitude do corpo e arredor de 11 cm de rabo. O seu pelame é delicado e moi suave, e pode presentar distintas cores segundo a estación: no inverno é branco e no verán, castaño avermellado coa zona ventral branca. A punta da cola sempre é de cor negra. Desprázase con frecuentes saltos arqueando o lombo, e cada pouco érguese sobre as patas traseiras para outear o terreo. Está especializado fundamentalmente na captura de rilladores que pode cazar mesmo no interior dos seus tobos. Está presente en gran parte de Europa, Asia, América do Norte e foi introducido en Nova Celandia. Na Península Ibérica a súa distribución asóciase á da rata tobeira e ocupa o terzo norte. En Galicia é máis abundante no norte do país, onde prefire ambientes húmidos (regatos, ribeiras de ríos e campos enchoupados).

    2. Figura convencional, en forma de punta de frecha negra e longa con tres puntos no seu vértice superior, que vai en campo de prata e tenta representar a cola do armiño.

    3. Pel do mamífero do mesmo nome, de cor branca, moi suave e delicada, empregada antigamente por altos dignitarios da igrexa e por maxistrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En sentido estricto, suspensión provisional e convencional das hostilidades mediante un acordo entre as partes belixerantes, sen que signifique, sen embargo, o remate da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. A pesar de que as súas figuras están exentas de carácter realista, a súa obra trata o ser humano, polo xeral en grupo e mediante a plasmación esquemática das extremidades, propoñendo unha misteriosa intuición do volume. Entre as súas obras destaca Grupo andando (1951) e Pandarus 8 (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva armas.

    2. Que é belicoso ou inclinado á guerra.

    3. Escudeiro que tiña por oficio levar as armas do seu señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas, e froitos con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior. En Galicia atópanse de forma máis común dúas especies de medios ruderais, tanto costeiras como do interior: A. patula, de talos erectos, e A. prostrata, de talos deitados e estriados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘almorzar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘almorzo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo dianteiro dun canón de campaña que se une ao seu carro formando unha carruaxe de catro rodas cando o canón ten que ser transportado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perfecta adaptación das partes ou cousas que forman un todo.

      2. harmonía preestablecida

        Teoría elaborada por G. W. Leibniz para explicar a relación das mónadas, que nin poden relacionarse extrinsecamente, nin exercer ningún influxo físico unhas sobre outras, e evitar así o ocasionalismo.

    1. Boa disposición ou correspondencia entre dúas ou máis persoas.

      1. Combinación de sons acordes ou agradables ao oído.

      2. Adecuada combinación das formas da linguaxe que resulta agradable ao oído.

      1. Ciencia que ten por obxecto a formación e o encadeamento dos acordes. O estudo da harmonía pódese dividir en tres grandes partes: os acordes e as súas características, a forma de realizalos e o estudio das notas descoñecidas no acorde. A primeira trata da nomenclatura dos acordes e a súa clasificación. A realizacion refírese á posición e ao encadeamento dos acordes, e comprende os movementos melódicos, as cadencias, a modulación, as marxes, etc. A terceira estudia os acordes alterados, os ornamentos melódicos, os retardos, as notas, etc.

      2. Estrutura dunha obra ou dun fragmento musical considerada desde o punto de vista dos acordes e das relacións entre eles para formar ideas musicais.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1920 subtitulado “Órgano de la Sociedad Patronal y defensor del Comercio y de la Industria”. Mantivo numerosas polémicas con xornais republicanos, agraristas e socialistas deses anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago o 6 de agosto de 1845 e subtitulado “Serie primera, Semanario de Fomento, Moral, Literatura y Comercio”. Desapareceu o 14 de marzo de 1846. Fundado e dirixido por Leopoldo Martínez Paadín, foi suspendido cautelarmente por un artigo intitulado “Seguridad pública”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás armas dos escudos ou brasóns.

    2. Recompilación ou índice de escudos de armas ou brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida a rexión noroccidental de Francia, entre o Sena e o Loira, durante as épocas celta, galorromana e franca. Como consecuencia de estar poboada durante os ss VI e VII polos celtas britónicos, procedentes da Bretaña insular, comezouse a chamar Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Armórica.

    2. Oroxenia herciniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Unidade xeolóxica situada ao NO de Francia, que se estende pola Bretaña, Vendée, Anjou, o baixo Maine e polo O de Normandía. Está formado basicamente por xistos cristalinos do Precámbrico pregados en dirección O-NO-L-SL, dirección chamada armoricana. Intensamente erosionados, estes materiais forman unha penechaira de formas suaves e monótonas, e que non exceden os 417 m. As rochas duras forman os relevos cunha disposición alongada; os xistos forman sucos e concas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha das primeiras e a máis célebre das exposicións de arte moderna celebrada nos EE UU. Foi organizada no 1913 polo fotógrafo Alfred Stieglitz, na armería do 69 Rexemento de Infantería de Nova York na que axuntou ao redor de 1.100 obras de pintura moderna. Ao lado de destacadas realizacións de pintura realista e impresionista e de pintores americanos como Whistler, Ryder e Twachtwann, expuxeron tamén os mellores pintores europeos das últimas tendencias plásticas do momento. Provocou unha reacción de censura e oposición de moita repercusión nos círculos afectados que non fixo senón alicerzar o movemento da arte moderna nos EE UU. De Nova York, a exposición pasou ao Art Institute de Chicago e a Boston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘amolar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pan’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘artesa’.

    VER O DETALLE DO TERMO