"Roa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 265.
-
GALICIA
Anarcosindicalista. Afiliado ao Sindicato de Petróleos de carácter autónomo, loitou durante a Segunda República Española pola integración do colectivo na Federación Local de Sindicatos Únicos da CNT olívica. Detido tras os sucesos de outubro de 1934, cando estoupou a Guerra Civil Española participou na resistencia ao golpe nas rúas viguesas e despois integrouse nunha partida guerrilleira. Contrario ao control sobre a guerrilla exercido polo PCE desde 1943, abandonou a loita armada e permaneceu agochado ata 1946. Detido en 1950, foi condenado a morte, logo conmutada por 23 anos de cadea en El Dueso (Santoña). Ao saír en liberdade (1973), tomou contacto co exilio cenetista en Toulouse e contribuíu á reorganización da Confederación Regional Galaica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Efecto retroactivo.
-
retroalimentación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de retroactivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forza ou actúa sobre o pasado.
-
-
Acción de aplicar, nun sistema calquera, unha fracción do sinal de saída novamente á entrada para que actúe tamén sobre o sistema. Un dos sistemas provistos de retroacción é o servosistema. En electrónica aplícase nos amplificadores e pode ser en fase ou en oposición de fase.
-
Regulación da resposta dentro dun sistema (molécula, célula, organismo ou poboación) que inflúe sobre a actividade ou a produtividade do sistema, que está constituído por elementos interactuantes que poden presentar moitos estados diferentes en función dos estados dos outros. Cómpre distinguir a retroacción negativa ou homeostática, que conserva o equilibrio entre dous valores límite e tende a ese equilibrio, da positiva, que tende a desequilibrar o sistema por unha autoaceleración da desviación.
-
-
PERSOEIRO
Político e naturalista. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1982-1983) e de Agricultura, Pesca e Alimentación (1983-1984). Presidente da Xunta Reitora do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e coordinador de suplemento do medio ambiental Ozono publicado por El Correo Gallego, foi secretario de ADENA-WWF en Galicia e presidente da Asociación Nacional Frisona. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Xunta de Galicia de Medio Ambiente e Conservación da Natureza e Premio Bandera Europea do Medio Ambiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e historiador. De orixe galega, participou no proceso de transición á democracia en Uruguay e foi profesor de Ciencia Política na Universidad de Montevideo e analista e consultor político da ONU. Foi un dos compiladores de Uruguay y la democracia (1984-1985) e The military and Democracy (1990) e escribiu Uruguay, el país urbano (1981), Partidos, Democracia y Autoritarismo (1984), De mitos y memorias políticas (1986), con C. Perelli, Las Fuerzas Armadas. Soldados-políticos garantes de la democracia? (1986), Una tarea inconclusa (1992) e Urnas y desencanto político (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado no val do Duero (2.277 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e gandaría, destacando os seus viños. Dos patrimonio cultural destaca a colexiata renacentista de Santa María (BIC 1980). O seu Museo del Vino foi sede do Consello Regulador da denominación de orixe Ribera del Duero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Decantado pola temática indíxena e popular, das súas obras destacan Leyendas mexicanas (1862) e Noche al raso (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1947 exiliouse pola súa manifesta oposición ao réxime de Stroessner e non regresou ao seu país ata 1989. Considerado como unha das figuras máis representativas da literatura hispanoamericana no s XX, das súas obras destacan Hijo de hombre (1960), Yo, el supremo (1974), Contar un cuento y otros relatos (1984), El fiscal (1987), La vigilia del almirante (1992), El Fiscal (1993) e Madama Sui (1996). Recibiu o Premio Cervantes en 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Batería e compositor de jazz. Compoñente de varias agrupacións musicais desde a década de 1950 xunto con Charlie Parker, Dizzi Gillespie ou Miles Davis, foi considerado un dos principais representantes do bop. Na década de 1980 formou unha orquestra de percusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital das illas Virxes Británicas, situada na illa Tortola, na parte O de Road Bay (6.330 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Automóbil semellante ao cupé, pero convertible, provisto en ocasións dun asento suplementario que pode permanecer oculto na parte posterior da carrozaría.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bretón de Rennes.
-
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Mostrouse contrario ao intervencionismo estatal e acusou ao Estado da deixación das industrias extractivas. Escribiu Ensayo sobre la historia de las minas de Río-Tinto (1859) e Minas de Río-Tinto: estudios sobre la explotación y el beneficio de sus minerales (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e dramaturgo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Academia Literaria de Santiago e fundou con A. Romero Ortiz o xornal satírico Santiago y a ellos. Progresista, participou no levantamento de 1846 e tras o seu fracaso fuxiu a Portugal ata que foi indultado. En Madrid fundou o periódico La Unión, colaborou en Semanario Pintoresco Español e dirixiu La Gaceta de Madrid. Escribiu a peza teatral Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo D. Suero (1841), Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846) e o ensaio Observaciones sobre los nuevos proyectos de reforma constitucional del Sr. Bravo Murillo (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Estrada. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal atópase un portón arquitrabado sobre o que se sitúa un escudo que alude os Figueroa e Puga, Sotomayor e Aldao.