Reymóndez Figueroa, Fernando
Reymóndez Figueroa, Fernando
Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.