Rey de Roa, Jaime
Rey de Roa, Jaime
Político e naturalista. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1982-1983) e de Agricultura, Pesca e Alimentación (1983-1984). Presidente da Xunta Reitora do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e coordinador de suplemento do medio ambiental Ozono publicado por El Correo Gallego, foi secretario de ADENA-WWF en Galicia e presidente da Asociación Nacional Frisona. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Xunta de Galicia de Medio Ambiente e Conservación da Natureza e Premio Bandera Europea do Medio Ambiente.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Arzúa