"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Cheiro da carne do porco cando non está capado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mar moi axitado, con grandes ondas, que fai perigosa e difícil a navegación.

    2. Cheiro das algas que se aprecia na baixamar.

    3. Marea que se dá cando o mar baixa ou sobe máis ca nas mareas habituais. Ten lugar no novilunio e no plenilunio, cando as atraccións lunar e solar actúan nunha mesma dirección e os seus efectos se suman.

    4. Mar con ondas de entre 0,5 e 1,25 m de altura, que constitúen o grao 3 da escala de Douglas.

    5. Mar con ondas de entre 1,25 e 2,5 m de altura, que constitúen o grao 4 da escala de Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Xerusalén. Perseguido durante o goberno de Galerio, participou no Concilio I de Nicea (325) e no de Tiro (335), e encargouse de convocar un en Xerusalén para salvar a Atanasio das acusacións dos arianos. A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Caracterizouse polo emprego do humor negro nos seus relatos e deuse a coñecer ao gañar o premio de novela Somerset Maugham coa obra First Love, Last Rites (1975). Tamén publicou The Imitation Game (1981), recompilación de tres obras teatrais para televisión, Atonement (2002) e In between the Sheets (2004). Recibiu o premio Booker en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos soleidos, ao que pertence a especie M. azevia (acevia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos centrárquidos, ao que pertence a especie M. salmoides (perca americana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ofidios, da familia dos elápidos, que acadan como máximo 150 cm de lonxitude, caracterizados polo feito de ter a cola moi curta, a cabeza pequena e non diferenciable do colo, o tronco case cilíndrico e unha coloración moi fermosa cun debuxo formado por aneis de cor diferente, que se alternan cunha frecuencia característica, onde predominan o negro, o amarelo, o vermello e o branco. Viven baixo o chan, pedras e masas de vexetais en descomposición, en América do Norte e Central, Bolivia e Perú, e o seu veleno é moi activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque herdeiro de Rusia (1899-1904), fillo do Tsar Alexandre III. Foi declarado herdeiro do seu irmán maior, Nicolao II. En 1917, Nicolao II abdicou a coroa nel, que refusou, e foi proclamada a república. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1613-1645). Primeiro soberano da dinastía Romanov, concertou con Suecia a Paz de Stolvobo, que devolveu Novgorod a Rusia, pero pechoulle o paso ao Mar Báltico. Durante o seu reinado instituíuse definitivamente a adscrición dos homes á terra e impulsouse a colonización de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, de ás estreitas e alongadas, orellas pequenas e pelame curto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA dunha soa cadea e unha cápsida con simetría helicoidal. Os mixovirus causan doenzas nos condutos respiratorios do home e doutros vertebrados, e inclúen os virus da rabia, a gripe e o do sarampelo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da comarca de Pla d’Urgell, situado na provincia de Lleida, Catalunya (10.004 h [2001]). Son importantes o gando porcino e as granxas de aves. Os principais sectores industriais son o alimentario, a industria do papel e o sector das artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores caducifolias, monoicas, da familia das moráceas, de pouca altura, con follas dentadas ou lobuladas e flores en espigas curtas e densas. En Galicia están presentes as especies M. nigra e M. alba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Irán situada a uns 15 km da antiga Persépolis, onde están as tumbas dos reis persas aqueménidas (s V a C). Están escavadas na rocha e teñen diversas cámaras. Enterráronse nelas varios monarcas, como Darío I, Darío II e Darío III, Xerxes e Artaxerxes I, Artaxerxes II e Artaxerxes III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1825-1855), fillo de Paulo I de Rusia e sucesor de Alexandre I. Ao comezar o seu reinado produciuse a revolta dos decabristas (1825), movida polas sociedades secretas. Home severo, impuxo unha disciplina brutal e reprimiu duramente as revoltas dos campesiños, intentou mellorar a situación dos servos e iniciou a industrialización de Rusia. Exteriormente, continuou a política da Santa Alianza e impulsou a expansión de Rusia con obxectivos netamente imperialistas: participou na Guerra Ruso-turca, puxo fin á revolta polonesa (1830-1831) e axudou a Austria contra a revolta húngara de 1849.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1894-1917), sucesor de Alexandre III. Foi un home de carácter débil e indeciso, moi influído pola súa muller Alexandra F’odorovna e, durante a última parte do seu goberno, polo monxe Rasputin. Procurou manter a autocracia. Os grandes acontecementos do seu reinado foron a Guerra Ruso-xaponesa (1904-1905), o Domingo Vermello de Peterburgo (22 de xaneiro de 1905), a entrada de Rusia na Primeira Guerra Mundial (1914) e os desastres militares que provocaron a derrota do tsarismo (Revolución Rusa, 1917). Detido en Carskoje Selo en 1917, foi asasinado en Jekaterinburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cianocomplexo de ferro cuxo sal sódico ten actividade como fármaco vasodilatador. En medicina emprégase por vía intravenosa nas crises hipertensivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Nunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que indica a limitación establecida ao número de individuos que poden ser admitidos nunha escola, nun círculo, nunha academia ou noutra institución semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO