Naqsh-i-Rustam

Naqsh-i-Rustam

Localidade de Irán situada a uns 15 km da antiga Persépolis, onde están as tumbas dos reis persas aqueménidas (s V a C). Están escavadas na rocha e teñen diversas cámaras. Enterráronse nelas varios monarcas, como Darío I, Darío II e Darío III, Xerxes e Artaxerxes I, Artaxerxes II e Artaxerxes III.