"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

    1. Tomar parte nun concurso.

    2. Ordenar, un xuíz, o concurso de acredores para o cobro das débedas dos debedores insolventes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis denso un fluído.

    2. Licuar un vapor.

      1. Facer máis concisa a expresión do pensamento.

      2. Introducir moita información nun libro, nun discurso, etc, dunha maneira comprimida.

    3. Concentrar ou reunir elementos dispersos.

    4. Facerse máis denso un fluído.

    5. Licuarse un vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno do tecido cartilaxinoso que se presenta con máis frecuencia nos ósos da pelve, preto dos extremos dos ósos longos, nas escápulas e nas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial que agrupa as federacións provinciais de empresarios galegos. Constituíuse en 1981 por acordo das federacións provinciais. Os obxectivos eran fomentar e defender o sistema de iniciativa privada e a economía de mercado, promover a unidade empresarial e defender os intereses do empresariado fronte aos demais axentes económicos. Integrada na CEOE e na CEPYME dende a súa constitución, agrupa máis de 50.000 empresas e 290 asociacións empresariais. Ten representantes en diversas comisións e consellos da administración, así como nos consellos sociais das tres universidades de Galicia e na Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA). O seu primeiro presidente foi Antonio Ramilo, quen dimitiu no ano 2000 logo de que se detectasen graves irregularidades contables na entidade. A partir do 1 de marzo de 2001 pasou a ocupar a presidencia o empresario Antonio Fontenla Ramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Admitir algo, especialmente o que se mantiña en secreto.

      2. Recoñecer alguén formalmente que cometeu un delito.

      3. Manifestar os pecados propios, de forma voluntaria, a un sacerdote a fin de recibir a absolución.

    1. Oír en confesión e administrar o sacramento da penitencia.

    2. Declarar publicamente as crenzas propias en algo ou en alguén.

    3. Contarlle unha persoa os seus pecados a un cura. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que moito se confesa, moito ten que confesar. Quen moito se confesa, será porque moito peca”.

    4. Admitir ou recoñecer unha persoa que é o que expresa.

    5. Contar alguén os seus segredos ou intimidades a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro goberno xurdido trala Revolución de Outubro de 1917. Estaba presidido por Lenin e tiña como comisarios, entre outros, a Trockij (comisario de Asuntos Exteriores), Stalin (comisario das Nacionalidades) ou Kollontai (comisaria de Asuntos Sociais e da Muller).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conseguir que algo manteña o equilibrio usando un ou varios contrapesos.

    2. Pesar algunha cousa por segunda vez para ratificar o seu peso.

    3. Contrarrestar un efecto producindo outro en sentido contrario.

    4. Facer de contrapeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar dúas ou máis persoas entre si de xeito informal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano de orixe grega. Traballou en Nápoles, onde realizou un gran número de frescos, entre os que destacan os das igrexas de Santa Maria di Monte Virgine e do Gesú Novo, os da capela do Monte di Pietá e os do antigo mosteiro de San Severino e San Sossio, sede do Archivio di Stato de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao buque armado en corso. Nas dúas guerras mundiais denominábanse así os buques de guerra, sobre todo alemáns, dedicados a agredir os buques mercantes de nacións inimigas ou neutrais.

    2. Aplícase á persoa que comandaba ou tripulaba unha nave armada en corso. A diferenza da figura do pirata, tiña licenza para os seus ataques, a través da patente de corso, e convertíase legalmente en pirata cando incumpría a normativa estipulada na súa patente (actuar fóra de prazo, apropiarse da parte do botín que debía entregarlle ao seu contratante, aceptar patentes de distintos belixerantes, etc). Durante o s XVI, idade dourada dos corsarios bérberes, Barbarrubia e Dragut foron os máis coñecidos. No Atlántico abondaron os corsarios ingleses que atacaban as naves españolas da ruta das Indias, como Harry Pay (ss XIV-XV) e Drake (s XVI); xogaron, ademais, un importante papel na independencia dos EE UU e das nacións iberoamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia libertaria editado na Coruña. Tivo tres etapas diferenciadas: a primeira (1890-1893), subtitulada “Periódico semanal. Órgano de la Federación Coruñesa”, actuou como voceiro anarco-colectivista da Federación Local Obrera e contou coa colaboración de Xoán Antelo e Antonio Vidal; na segunda etapa (1893-1896), vinculouse ao grupo anarquista Ni Dios ni Amo e dirixírono conxuntamente Xosé Sanjurjo e o tipógrafo Marcial Lores, coa colaboración de Xoán Dopico e Soledad Gustavo e foi o único voceiro anarquista en activo en todo o Estado; e na terceira (1903-1908), continuou como voceiro anarquista e contou coa colaboración de Xoán No. A súa traxectoria estivo marcada polas numerosas suspensións gobernativas que determinaron a súa desaparición e a súa efémera substitución por El Produtor en 1896, como consecuencia da campaña emprendida polos anarquistas herculinos contra a Guerra de Cuba e a prol da súa independencia. Os editores do xornal acometeron unha intensa actividade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciador da literatura dialectal napolitana, enmarcou as súas obras nun ambiente popular e realista. Escribiu La Vaiasseide (1615), Mico Passaro ‘nnammurato (1621), Viaggio di Parnasso (1621) e Delli travagliuse amure di Ciullo e Perna (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Profesor na École de Santé e no Collège de France, foi un dos primeiros en poñer en práctica a concepción anatomoclínica da enfermidade, que fora introducida por Bichat. Clinicamente, débeselle a recuperación e o desenvolvemento do método da percusión. É autor do Essai sur les maladies et les lésions organiques du coeur et des gros vaisseaux (Ensaio sofre as enfermidades e as lesións orgánicas do corazón e dos vasos grosos, 1806) e dunha tradución francesa do Inventum Novum, de J. L. Auenbrugger, titulada Nouvelle méthode pour reconnaître les maladies internes de la poitrine (Novo método para recoñecer as enfermidades internas do tórax, 1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Seguidor da interpretación alexandrina de Aristóteles, afirmou o carácter intramundano do coñecemento científico. Empregou un método experimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Foi autor de poesías festivas e das narracións Bertoldo e Bertoldino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza húngara de parella creada no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cezar’Antonovič K’ui.

    VER O DETALLE DO TERMO