"Soči" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
insociable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade pública do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, responsable dos problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e da xestión do réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización mundial que engloba os partidos socialdemócratas, socialistas e laboristas. Foi creada no Congreso de Frankfurt de 1951 co propósito de promover a distensión internacional e de defender os dereitos dos traballadores. Estivo presidida por W. Brandt entre 1976-1992, ao que sucederon P. Mauroy (1992-1999) e António Guterres desde 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión nacida en Bos Aires en 1942 coa finalidade de coordinar as sociedades e asociacións galegas. Funcionou ata 1970 e organizou diversos actos políticos, como a celebración do 18 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido isociánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido fortemente velenoso e corrosivo que constitúe unha forma tautómera do ácido ciánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos que conteñen na súa molécula o grupo - N = C.
-
-
Aplícase aos compostos de cadea pechada que teñen o mesmo número total de átomos no anel.
-
Aplícase á flor que presenta verticilos co mesmo número de elementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isómero do ácido cítrico que constitúe unha das etapas do ciclo de Krebs.
-
SEMANARIOS
Semanario socialista, voceiro das xuventudes do PSOE, editado na Coruña desde o 29 de outubro de 1935 ata a Guerra Civil. Foi dirixido por Luís Tato Vento e composto na Imprenta Obrera, propiedade dos sindicatos cenetistas maioritarios na cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 15 de marzo de 1919, que cesou no segundo trimestre de 1921. Exerceu como voceiro da “Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, editada en Santiago”, e promoveuno un cadro sindical composto por Xosé Pasín, Ezequiel Rey, Manuel Fandiño e José Silva Martínez, entre outros. A partir do nº13 converteuse no “Órgano de las Sociedades Obreras de Resistencia de Santiago y su contornos”. De tendencia obreirista, estivo dirixido por Xosé Pasín e Xosé Silva, en breves intervalos. Desapareceu trala súa suspensión pola censura gobernativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, NSDAP) que, dirixido por Adolf Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Creado a partir do Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán, DAP), fundouno en xaneiro de 1919 Anton Drexler, e tomou un ano despois o nome de Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, coñecido como Partido Nazi. Na ideoloxía nazi manifestábase a influencia de autores e de correntes de pensamento heteroxéneas e a miúdo contraditorias: o racismo que deriva de Joseph-Arthur Gobineau e de Houston Stewart Chamberlain; a idea dun Terceiro Reich de A. Moeller van den Bruck; o comezo da apoloxía da violencia da guerra e da concepción do estado co estado maior do exército prusiano de Maquiavelo, Hegel, Johann G. Fichte, Schopenhauer e Nietzsche; e o antisemitismo que se fundamentaba en Die Protokolle der Weisen von Zion (Protocolos dos sabios de Sión). Hitler, na procura dun responsable...
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalsocialismo.
-
Seguidor do nacionalsocialismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aebisocios.