"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Imposibilidade ou dificultade de percibir ou distinguir as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que só é visible durante a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se desenvolve comezando pola base e segue cara ao ápice, como é o caso das follas que son definitivas na forma e tamaño na base da planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oluta ou adorno da proa das naves mariñas da Antigüidade.

    2. Esporón que portaban as galeras para furar os flancos das naves contrarias na batalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia de certos vexetais á xerminación das xemas apicais e periféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence a orde acrotorácicos.

    2. Crustáceo da orde dos acrotorácicos.

    3. Orde de crustáceos da subclase cirrípedos, integrado por individuos sen segmentos abdominais, con seis pares de cirrios, que viven sempre fixados pola rexión preoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal, fundado por Pío X no ano 1908, que publica os decretos pontificios. Substituíu á Acta Sanctae Sedis, publicada dende 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación iniciada no 1643 por Jean Bolland dedicada á edición crítica das vidas dos santos da Antigüidade e Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatose causada pola exposición excesiva aos raios solares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • actinomicetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.

    2. Acontecemento ou feito público.

    3. Actas dun concilio.

    4. Para Aristóteles e a tradición aristotélica posterior é o estado de existencia real como oposto a potencia ou existencia posible, que fai referencia ao movemento ou ao cambio. Neste sentido, para Aristóteles o acto era, basicamente, o cumprimento ou o logro dunha acción, nunca acción no sentido de cambio ou movemento. Esta concepción do acto como perfección dinámica dunha realidade utilizárona e desenvolvérona varios autores neoplatónicos e cristiáns; aínda que acto e potencia chegaron a grao de demarcación e definición maior coa filosofía escolástica. Así, os escolásticos, sobre todo Santo Tomás, aplicárona tanto á Natureza coma á natureza de Deus (o mutable estaba composto de acto e potencia, sen embargo, Deus era acto puro). Na filosofía contemporánea rompeuse coa tradición escolástica antedita e elabóranse teorías do acto inéditas ata ese momento (Gentile, Whitehead, Husserl e Lavelle), das que a máis coñecida é a de Gentile, para quen o acto é o suxeito pensante que produce...

    5. Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo os seguintes elementos: pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.

    6. Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo. No teatro grego, parte na que se desenvolvía a acción fronte ás partes cantadas e recitadas polo coro. Aristóteles defendía un sistema ternario dividido en tres partes ou Pragmata: prólogo que precedía ao coro, episodio entre os dous cantos corais e o final que actúa como separador das partes. Horacio aumentou a cinco o número de actos, división que se espallou no Renacemento e no Clasicismo europeo. O teatro español do Século de Ouro preferiu a división en tres actos e o teatro contemporáneo a estrutura en cadros.

    7. Expresión feita a Deus para manifestarlle pedimento (acto de atrición e acto de contrición), fe (acto de fe), confianza (acto de confianza) ou amor (acto de caridade).

    8. Acto máxico ou ritual que participa das interdicións inherentes ao tabú.

    9. Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.

    10. Disposición que fai a persoa sobre os seus bens despois da súa morte.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas de rexistro e medida que permiten coñecer cronoloxicamente a actividade dun animal. Co conxunto de datos actográficos realízase o actograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á actografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro das actividades locomotrices dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo de dúas proteínas, actina e miosina (na proporción de 1:4,3), que forma o 60% das proteínas do tecido muscular e que constitúen a substancia contráctil deste. Pola solubilidade, a actomiosina é unha globulina, pero presenta unha estrutura semellante á da queratina, cousa que a clasificaría entre as escleroproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista de ascendencia británica ao servizo de Fernando IV de Nápoles que serviu nas mariñas francesa e toscana. No ano 1779 trasladouse a Nápoles, onde foi Ministro de Mariña, de Guerra, de Finanzas e Primeiro Ministro en 1785. Fracasou no intento, axudado polo Reino Unido da Gran Bretaña, de unir os estados italianos contra Francia (1793), polo que se tivo que exiliar en Sicilia (1798). Volveu ao poder pouco despois e, de acordo coa súa ideoloxía absolutista, promoveu a represión dos republicanos napolitanos do ano 1799. Exiliado de novo no 1804, torna ao poder no 1805; cando ao ano seguinte as tropas francesas napoleónicas entraron en Nápoles, trasladouse a Sicilia definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que comeza un proceso excercendo unha acción legal. Denominado tamén demandante, en dereito penal recibe o nome de acusador, denunciante ou querelante, segundo os casos.

    2. Persoa xurídica, individual ou colectiva, que outorga un documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen realiza unha cousa.

    2. A actriz ou o actor é un dos dous elementos necesarios para que o acto teatral se poida producir pois, como subliñaba Jerzy Grotowski, o teatro pode existir sen decorados, vestiario, luces, maquillaxe, obxectos ou espazo escénico, mais sempre precisará do actor que interprete a acción e do espectador que converta a interpretación en comunicación. O home que actúa no espazo baleiro e o home que o mira serían os dous elementos pertinentes do feito teatral, trazos diferenciais a partir dos que Peter Brook constrúe unha das máis interesantes visións que se ofreceron do teatro no s XX, The empty space (O espazo baleiro, 1968). Sendo unha das profesións máis vellas na historia da humanidade, ten sido unha das máis desprestixiadas e, coa conversión de Roma ao cristianismo, actores e actrices conformaron un dos colectivos máis perseguidos e atacados pola Igrexa, ata o punto de que durante séculos foilles negado o dereito a seren enterrados en sagrado. Sometidos durante séculos aos ditados...

    3. Persoa que interpreta, representa ou encarna un dos personaxes dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. No cinema os actores mimetízanse e empregan as técnicas teatrais na súa primeira época. O afianzamento da específica linguaxe cinematográfica a través de David W. Griffith comeza a diferencialos. En 1928, Carl Dreyer apoiou a expresividade da obra A Paixón de Xoana de Arco na presencia e na exploración da faciana da actriz máis ca na súa mímica. Este achado foi formulado teoricamente por Lev Kulessov cun experimento -coñecido daquela como efecto Kulesov- consistente en facer ver como o público, diante do mesmo plano dun actor montado en diferentes planos de significación emocional moi diversa, apreciaba diferentes interpretacións en cada un dos casos. Así, no cine, o actor pasaba de ser un elemento máis, integrado na figuración do plano. Isto permitiu a incorporación de non profesionais, como sistematicamente postula o neorrealismo, do actor antiinterpretado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de formación teatral creado en Nova York no 1947 por Elia Kazan, Robert Lewis e Cheryl Crawford, aos que se sumou dous anos despois Lee Strasberg, responsable do programa pedagóxico da escola e da elaboración do método, que suporía unha adaptación das teorías interpretativas de Konstantin Stanislavski. Alí formouse unha importante nómina de actores e actrices entre os que sobresaen Paul Newman, James Dean, Robert de Niro, Al Pacino, Dustin Hoffman, Marlon Brando, Montgomery Clift, Geraldine Page ou Shelley Winters. O método propuña unha escola cunha liña interpretativa a medio camiño entre o naturalismo e o realismo, baseada na memoria afectiva, na presenza física do actor e na introspección psicolóxica. Isto pode verse claramente reflectido no espectáculo Un tranvía chamado desexo, estreado en Broadway no 1947 e dirixido por Elia Kazan, con Marlon Brando no papel de Stanley Kowalski, a partir da peza homónima de Tennessee Williams.

    VER O DETALLE DO TERMO