"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Relativo ou pertencente aos cetiosáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos cetiosáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de vértebras parcialmente ocas e cadeira unida á columna vertebral por catro vértebras sacras, á que pertencen os xéneros Barapasaurus e Cetiosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de corpos cetónicos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (6.338 km2; 459.955 h [estim 1993]). A capital é Chanthaburi (45.746 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar galego. Emigrou a Arxentina, onde ingresou no exército en 1741. Participou no ataque ás trincheiras de Villafranca, na toma do castelo de Montalbán, na Batalla de Nuestra Señora del Olmo, no sitio de Cuni e na defensa de Río Grande de San Pedro (1767). En 1768 trasladouse coa gornición militar española de Bos Aires ás Malvinas, onde foi gobernador interino dende 1773 ata 1774.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e cantante. Dende 1909 actuou no Folies-Bergère, sala desde a que proxectou a súa carreira internacionalmente. No ámbito musical acadou éxitos como Ma pomme, Valentine ou Louise. Con respecto ao seu labor cinematográfico traballou en Hollywood entre 1928 e 1935, onde participou nas películas The Smiling Lieutenant (O tenente sorrinte, 1931), The Merry Widow (A viúva alegre, 1934), Gigi (1958), Can-can (1959), Fanny (1961) e Jessica (1962), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (4.363 km2; 948.165 h [estim 1993]). A capital é Chon Buri (44.047 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen gusta dos chourizos. Ex: O que menos me gusta é o ceboleiro, pero aínda así son moi chouriceiro.

    2. Persoa que elabora ou vende chourizos. Ex: Encárgolle sempre dúas ducias de chourizos ao chouriceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embutido feito coa tripa do intestino groso do porco.

    2. Clase de chourizo, máis longo e delgado ca este, que se elabora co intestino delgado do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de chourizos. Ex: Do fumeiro da cambota colga toda a chourizada.

    2. Comida na que o produto fundamental é o chourizo. Ex: Na festividade do patrón facemos unha gran chourizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embutido feito, xeralmente, con carne e touciño de porco picados e adubados con pemento e outras especias cun calibre de máis de 22 mm, xa que se o calibre é inferior se denomina longaínza. Existe unha gran variedade de tipos que se elaboran practicamente en toda España e tamén en Latinoamérica, de onde é ben coñecido o crioulo, tanto para o seu consumo en cru como para cociñalos.

    2. chourizo asturiano/de Asturias

      Chourizo afumado con leña de carballo, de magro de porco, touciño e lardo. Preséntase en restras (o de tripa fina) ou candeas (o de tripa grosa), para consumo cocido ou cru. Unha variedade, utilizada sobre todo no cocido, é o sabadiego, no que se incorpora algo de sangue.

    3. chourizo branco

      Chourizo, semellante ao fuet, elaborado sen especia pemento e presentado en candeas para consumo en cru. É típico de Extremadura.

    4. chourizo cagueiro de Salamanca

      Chourizo elaborado a base de magro de porco ibérico embutido en tripa cagueira. Consómese cru.

    5. chourizo cántabro/de Cantabria

      Chourizo propio do lugar de Guriezo que se consome cocido con viño branco e sidra.

    6. chourizo de Benaoján

      Chourizo picante, de porco ibérico, propio da Serranía de Ronda. Tradicionalmente, consérvase en latas con manteiga, en restras de pequenas pezas. Consómese cru.

    7. chourizo de Candelario

      Chourizo de porco ibérico, afumado e curado, consumido cru ou cociñado. É propio de Salamanca.

    8. chourizo de Cantimpalos

      Chourizo propio desta localidade segoviana, de gran calidade, semicurado, ideal para consumilo en cru.

    9. chourizo de Potes

      Chourizo cántabro presentado en restras, afumado con madeira de aciñeira.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Irixoa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Irixoa que pertenceu ao mosteiro de San Vicente de Curtis. No muro exterior sur consérvase unha lápida prerrománica do s X cunha cruz de brazos iguais rectos, colocada sobre un soporte. Do seu brazo horizontal penden as letras gregas alfa e omega, e sobre elas, represéntanse uns obxectos que poderían ser uns candeeiros de tres brazos. Arredor da peza aparece unha inscrición que fai referencia a san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido cianúrico.

    2. Trímero do ácido ciánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do turismo con bicicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nos ouriños de cilindros urinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza hereditaria de carácter autosómico recesivo, na que ten lugar unha excesiva eliminación urinaria de cistina e de aminoácidos básicos (lisina, arxixina e ornitina), a causa dunha alteración na súa reabsorción tubular renal. O exceso de cistina nos ouriños predispón á formación de cálculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria do metabolismo dos aminoácidos na que a falla do enzima arxino-sucínico-sintetasa non permite a degradación da citrulina que se acumula no sangue e se excreta polos ouriños. O proceso vai acompañado de alteracións no desenvolvemento corporal e atraso mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista norteamericano, fillo de John Bates Clark. Foi profesor na Universidade de Columbia, en 1936 presidiu a American Economic Association e, dende 1947, foi membro da Economic Society. Na súa obra principal, Studies in the Economics of Overhead Costs (Estudio da economía dos custos xerais, 1923), introduciu os custos como un factor determinante e distinguiu entre custos sociais e custos privados. Doutras publicacións súas, cómpre salientar Alternative to Serfdom (Alternativa para a servidume, 1955), The Ethical Basics of Economic Freedom (Os fundamentos éticos da liberdade económica, 1955) e Competition as a Dynamic Process (A competencia como proceso dinamizador, 1961), obras nas que expuxo os problemas da competencia no capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do sector turístico que saíu por primeira vez na Coruña en agosto de 1991, subtitulado “Boletín Social”.

    VER O DETALLE DO TERMO