"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

    1. Seguridade que se sente ao estar convencido dalgunha cousa.

    2. Ideas firmes das que está convencida unha persoa, especialmente no que se refire a cuestións relixiosas, políticas, éticas ou sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, instalouse en Euskadi. A súa obra, iniciada na admiración cara a Ciriaco Párraga, evolucionou dentro dun realismo poético, que unhas veces converteu a paisaxe na protagonista da súa obra e outras nun obxecto do contorno do artista. Ademais cultivou escenas populares, tratadas, ao igual ca as paisaxes, cunha técnica de pincelada matérica. Realizou exposicións, entre outros lugares, en Bilbao, València e Pontevedra. Foi galardoado pola Bienal de Arte de Pontevedra (1973-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e cosmógrafo veneciano. Franciscano, en 1685 foi nomeado en Venecia cosmógrafo da República e fundou a sociedade xeográfica Accademia degli Argonauti. En Francia construíu para Luís XIV dous grandes globos que aínda se conservan na biblioteca de París. As súas obras principais son Atlante Veneto (1690), unha enciclopedia inacabada que titulou Biblioteca universale sacro-profana (1709), Corso geografico (1649) e Cronologia universale (1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña co escultor Xosé Xoán e na Escola de Belles Arts de Barcelona (1960) con Montagut e Vélez. En 1967 trasladouse a Xenebra. De regreso a Galicia instalouse na súa vila natal e converteu a súa casa no  Museo Víctor Corral. Traballou con diferentes materiais, como a madeira, a pedra de gran, o mármore, o bronce, o marfil ou o barro. A súa obra, síntese de realismo e idealismo, abrangue relevos e esculturas de vulto redondo cun amplo repertorio temático. Cultivou tamén a pintura, principalmente a acuarela, e a poesía. Entre as súas obras destacan A Virxe do Rosario (1971), labrada no interior dun castiñeiro; A fonte dos nenos (1975), A creación, O gaiteiro, María-Belén con boneca e flor, Eva, Xustiza (1993), Árbore xenealóxica arquitectónica (1998) e Os namorados (1998). Ademais, realizou esculturas de carácter público, como o Monumento en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político liberal. Logo dunha intensa actividade política, chegou a ser ministro de Instrución en 1840 no goberno de Thiers. Tralo golpe de Estado de 1851 dedicouse exclusivamente á filosofía. Ecléctico e espiritualista, o seu método orixinou unha renovación do interese pola historia da filosofía. De entre a súa numerosa obra destaca Cours d’histoire de la philosophie moderne (Curso de historia da filosofía moderna, 1841), publicado en dúas series. Da primeira, publicada en 5 volumes en 1841 e que recolle cursos dados de 1815 a 1820, destacan: Du vrai, du beau et du bien (Do verdadeiro, da bondade e do ben) e Philosophie de Kant (Filosofía de Kant). A segunda recolle cursos de 1828 e 1829.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía de Montenegro que reinou ao extinguirse a dos Balšić. Iniciouna Estevo I (1427-1465), voivoda da Zeta superior, que mantivo a alianza con Venecia e fundou cidades comerciais na costa atlántica. Sucedeuno o seu fillo Iván I (1465-1490), patricio de Venecia e fundador do mosteiro de Cetinje (1485). O seu fillo, Xurxo I (1490-1496) retirouse a Venecia e sucedeuno o seu irmán Estevo II (1496-1499), que foi derrotado polos turcos e morreu en 1514. Dende entón e ata 1852, Montenegro foi rexido polos vladika de Cetinje. Os Crnojević dividíronse en dúas liñas, unha delas pasou a Venecia e a outra a Constantinopla. Un membro desta última, Skanderberg , foi sanjac turco de Montenegro (1514-1528).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadeo construída entre os ss XVII e XVIII sobre un castro. Consta de tres naves e unha ábsida, a nave central cóbrese con bóveda de media lúa e as laterais e a ábsida con bóveda de aresta. Cómpre destacar que nas naves laterais a clave está descentrada. A cada lado da ábsida sitúanse dúas sancristías datadas, segundo as inscricións das portas, en 1795 a dereita e en 1782 a esquerda. No interior destacan dous retablos barrocos do s XVIII, un deles cunha imaxe de Cristo de brazos articulados. No exterior, cómpre salientar a fachada principal cun pórtico aberto con tres entradas e espadana dun só corpo con dous vans (1794). Nunha esquina sitúase unha torre cun reloxo de sol de 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cezar’Antonovič K’ui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no lugar de Vilasantar, en Curtis. De orixe románica (ss XII-XIII), só se conservan os muros laterais da nave onde se abren catro fiestras abucinadas de medio punto. No interior destaca unha porta rematada nun arco cun lixeiro apuntamento, que cara ao exterior se converte nunha porta alintelada por mor do lucido que cobre o paramento. Os beirís sostéñense por canzorros de proa, de moldura e outros cun cilindro abrazado por elementos xeométricos. No piñón da ábsida hai unha cruz antefixa de entrelazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, lexicógrafo e etnógrafo ucraíno. En 1859 trasladouse a Moscova. A partir de 1819 comezou a recoller material lingüístico e folclórico para o seu dicionario, no que traballou 53 anos nas dúas primeiras edicións (1863-1866 e 1880). Publicou recompilacións de contos, proverbios e cancións. É autor do Tolkovyj slovar’ živogo velikorusskogo jazyka (Dicionario da gran lingua rusa viva, 1863-1866), con máis de 200.000 entradas de literatura, lingua, fala coloquial e dialectos, ademais inclúe proverbios e algunha información enciclopédica. En 1863 foi nomeado membro honorario da Academia de Ciencias de San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor serbio. A súa obra evolucionou dende as formas xeométricas ata as propostas minimalistas nos anos cincuenta e a arte conceptual dende os setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou baixo o pseudónimo de Nikolaj Aržak varias obras de crítica ao réxime soviético polo que o condenaron a traballos forzados. Os seus Poemas da prisión reactivaron en 1972 a polémica sobre os disidentes soviéticos. Volveu publicar en 1990 coa apertura da Perestrojka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político ruso. Xunto co historiador Pogodin, elaborou as ideas básicas do paneslavismo, defendeu a especificidade da civilización eslava e preconizou a unidade dos pobos eslavos baixo a dirección rusa. Foi autor de Rusia e Europa (1869) e de Oriente, Rusia e eslavismo (1871), no que propuña que Rusia crease unha gran federación eslava baixo a súa dirección, con capital en Constantinopla, capital da Ortodoxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto. Traballou na decoración dos palacios de Oranienbaum, Petergof e Pavlovsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Realizou estudios musicais en San Petersburgo e foi profesor de canto. Autor de numerosas cancións, iniciou xunto con Glinka unha tradición operística rusa baseada na canción popular. Influíu en Mursorgskij cos seus estudios sobre a adaptación da lingua rusa á música. Da súa produción destacan as óperas Esmeralda (1841) e Rusalka (1855), e as fantasías Baba-Yaga (1862) e Kazochok (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Era fillo dun vidreiro e trasladouse coa súa familia a París en 1814. Estudiou no obradoiro do pintor A. Lenoir e na Académie Suisse. Comezou a traballar como litógrafo en La Silhouette (1830) e La Caricature (1831-1834), onde realizou gravados satíricos contra o Rei Luís Filipe que o levaron ao cárcere. Cando a censura pechou La Caricature, o xornal cambiou o nome polo de Charivari, e nel continuou publicando os seus debuxos. Entre as súas litografías destacan Le ventre législatif (O ventre lexislativo), Le rue Transnonain (A rúa Transnonain), La liberté de la prese (A liberdade da imprenta) e L’enterrament de La Fayette (O enterro de La Fayette). En 1832 realizou unha serie de bustos satíricos en xeso encargados por Philippon, entre os que salienta O señor Guizot. Das súas esculturas, sarcásticas e caricaturescas, destaca Ratapoil (1850), na que simbolizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. As súas primeiras recompilacións poéticas Anatomija (1930) e Pesme (Cantos, 1938), reflicten influencias surrealistas que abandonou despois da guerra por un maior realismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De estilo románico, sufriu diversas reformas nos ss XVI e XIX. Foi doazón de frei Pedro Velasco, abade de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao bispo don Miguel e ao seu cabido, segundo as escrituras medievais de 1251 localizadas na catedral de Lugo. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. No lado S sitúase a capela funeraria dos señores de Maside, cun retablo barroco (s XVIII) de tres fornelas e frontón partido, onde destacan a escultura de santa Ana coa Virxe e o Neno no seu costal dereito, obra de Joaquín Cortiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político norteamericano. Traballou no ferrocarril como condutor de locomotoras e oficinista. En 1885 foi elixido congresista para o Parlamento de Indiana e converteuse en secretario e tesoureiro da Brotherhood of Locomotive Firemen (1880-1893). Fundou a American Railway Union (ARU, 1893) que acadou un alto número de afiliados. Encarcerado con falsos cargos durante unha folga contra a compañía Western Roads, descubriu o socialismo e, trala saída do cárcere, fundou o Social Democratic Party (Partido Social Democrático, SDP) no 1897. Presentouse ás eleccións presidenciais por primeira vez en 1900 e volveu tentalo en 1904, 1908, 1912 e 1921, anos nos que mellorou os resultados. No 1905 fundou, xunto con outros líderes sindicais, a Industrial Workers of the World (IWW), que naceu coa vontade de opoñerse aos sindicatos conservadores e de unir os traballadores do mundo nunha revolución marxista. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado...

    VER O DETALLE DO TERMO