Curtis, San Vicente de

Curtis, San Vicente de

Igrexa parroquial situada no lugar de Vilasantar, en Curtis. De orixe románica (ss XII-XIII), só se conservan os muros laterais da nave onde se abren catro fiestras abucinadas de medio punto. No interior destaca unha porta rematada nun arco cun lixeiro apuntamento, que cara ao exterior se converte nunha porta alintelada por mor do lucido que cobre o paramento. Os beirís sostéñense por canzorros de proa, de moldura e outros cun cilindro abrazado por elementos xeométricos. No piñón da ábsida hai unha cruz antefixa de entrelazo.