Corral Castro, Víctor Raimundo

Corral Castro, Víctor Raimundo

Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña co escultor Xosé Xoán e na Escola de Belles Arts de Barcelona (1960) con Montagut e Vélez. En 1967 trasladouse a Xenebra. De regreso a Galicia instalouse na súa vila natal e converteu a súa casa no  Museo Víctor Corral. Traballou con diferentes materiais, como a madeira, a pedra de gran, o mármore, o bronce, o marfil ou o barro. A súa obra, síntese de realismo e idealismo, abrangue relevos e esculturas de vulto redondo cun amplo repertorio temático. Cultivou tamén a pintura, principalmente a acuarela, e a poesía. Entre as súas obras destacan A Virxe do Rosario (1971), labrada no interior dun castiñeiro; A fonte dos nenos (1975), A creación, O gaiteiro, María-Belén con boneca e flor, Eva, Xustiza (1993), Árbore xenealóxica arquitectónica (1998) e Os namorados (1998). Ademais, realizou esculturas de carácter público, como o Monumento en memoria da Batalla de Montouto (Cacheiras), Monumento ao cabalo (Begonte), Dúas Queixeiras de San Simón (Vilalba) e Monumento á Serea en Foz.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Baamonde, Begonte