"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

    2. Denominación que reciben os anfibios, especialmente as ras e os sapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita va e ridícula, motivada por razóns fútiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico-burlesco grego anónimo, datado ao redor do s VI a C, do que se conservan 303 hexámetros. Narra, parodiando técnicas e escenas da literatura épica, unha batalla entre ratas e ras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta guatemalteco. Destacou pola imaxinación, a ironía e o lirismo dos seus poemas, recollidos en Poesías (1845). Preocupouse polos costumes e as tradicións do seu país. Realizou tamén a tradución das Odas de Horacio e Los Amores de Ovidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertenecente ao bats.

    2. Lingua caucásica do noroeste, do grupo cheché. Fálase nalgunhas poboacións da conca superior de Alzani, no distrito de Tel Aviv (Xeorxia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italo-francesa realizada en 1968 e dirixida por Giorgio Ferroni. Foi interpretada por Frederick Stafford, Robert Hossein, Michael Rennie e Ira de Furstemberg. O filme reproduce unha das contendas bélicas máis importantes da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa dende o s XVI ata o XVIII as pezas musicais que describían unha batalla. Estas composicións eran vocais ou instrumentais, e a miúdo contiñan imitacións das armas de fogo. Entre outras, destacan: The battell, de Byrd ou La bataille, de Janequin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Analista e crítico do idealismo de Gentile e Croce, e do subxectivismo historicista, orientouse cara a un espiritualismo personalista e unha axioloxía de valores absolutos. Publicou Moralità e storia nella prospettiva spiritualistica (Moralidade e historia na perspectiva espiritualista 1953), I valori fra la metafisica e la storia (Os valores para a metafísica e a historia, 1957) e Economia, diretto, morale (Economía, dereito, moral, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario. Publicou importantes estudios sobre narrativa medieval francesa e italiana, poetas provenzais e literatura castelá, recollidos en La coscienza letteraria del Medioevo (A conciencia literaria do Medievo, 1965). O interese pola literatura propia reflíctese en Esemplarità e antagonismo nel pensiero del Dante (Exemplaridade e antagonismo no pensamento de Dante, 1966). Dirixiu, ademais, o volume VII do Grande dizionario della lingua italiana (Gran dicionario da lingua italiana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (19.184 km2; 837.000 h [estim 1987]. A súa capital é Battambang (45.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo empregado na danza escénica para definir os movementos da perna que queda no aire, mentres a outra sostén o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de familia e título principesco alemáns orixinados a raíz do matrimonio morganático (1851) do príncipe Alexandre de Hessen-Darmstadt, do Rin, coa condesa Xulia-Tareixa Maurikievna von Haucke, que o gran duque elixiu en 1858 princesa de Battenberg. Fillos deste matrimonio foron Alexandre de Battenberg , elixido príncipe soberano de Bulgaria (Alexandre I), Enrique de Battenberg (morto en 1896) e Luís de Battenberg (morto en 1921), o fillo maior, que contraeu matrimonio con Victoria de Hessen, neta da Raíña Victoria I. Luís renunciou aos títulos alemáns en 1917 e adoptou o nome de Mountbatten. Fillos deste foron a princesa Alicia de Battenberg (nai de Filipe de Edimburgo), Luísa Mountbatten, Raíña de Suecia, Louis Mountbatten, vicerrei da India e primeiro conde Mountbatten de Birmania, e George Mountbatten, marqués de Milford-Haven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (2.854 km2; 443.000 h [estim 1994]). A súa capital é Batticaloa (42.934 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista italiano. A súa obra poética, marinista, é de tipo amoroso. Escribiu Epigramata (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano, catedrático de Lingüística Románica na Universidade de Florencia (1925-1952). Cultivou a toponimia, a etimoloxía e a dialectoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono italiano. Debutou en Roma no Teatro Argentina en 1878, e acadou grandes éxitos en Gran Bretaña (1905-1906) e Rusia (1888-1914). Considerado o maior barítono italiano da súa época, sobresaíu nos papeis de Don Giovanni ou Germont.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción británica realizada en 1969 e dirixida por Guy Hamilton. Foi interpretada por Laurence Olivier, Michael Caine, Robert Shaw, Curd Jurgens e Susannah York, entre outros. Trátase dunha superprodución bélica baseada nos diversos intentos dos alemáns por invadir Gran Bretaña durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1965 e dirixida por Ken Annakin. Foi interpretada por Henry Fonda, Robert Ryan, Dana Andrews e Robert Shaw. Rodada en España, trata unha das batallas decisivas da Segunda Guerra Mundial. Conta cun coñecido elenco de actores e cunha serie de imaxes de acción moi realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salto durante o que o bailarín abre e pecha rapidamente as pernas diversas veces ou executa cruzamentos sucesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO