"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amboaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda do lugar de Amboaxe, no concello de Santiso (Arzúa). Tamén pode aparecer coa forma castelanizada Amboage. As súas armas levan, en campo de prata, trece roeis de azur, postos tres, tres e un.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conspiración dos hugonotes que tivo lugar no 1560 durante as guerras de relixión francesas, aproveitando a minoría de idade do Rei Francisco II. Godofredo de Barri de la Renaudie, cabeza hugonote da conspiración, pretendía substraer a Francisco II da influencia do Partido Católico, capitaneado por Francisco I de Lorena. O complot denunciouse e La Renaudie morreu.
-
PERSOEIRO
Cardeal e home de estado francés. Bispo de Montalbán (1484), Arcebispo de Narbona (1492) e de Ruán (1493), Cardeal (1498) e Legado Papal en Francia. Colaborou eficazmente na política italiana de Luís XII; dirixiu as negociacións con Florencia e interveu nos tratos con Venecia e o Papa Alexandre VI, preliminares á anexión do Milanesado. Asistiu ao Convenio de Savona entre o soberano francés e Fernando II de Aragón (1507). Promulgou as Ordenanzas de Blois (1499), compilación dos costumes franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Púlpito elevado, de pedra ou de madeira, que hai nos extremos do presbiterio dalgunhas igrexas. Semella orixinario do Oriente. Estaban ricamente ornamentados e ás veces acadaban gran monumentalidade.
-
CIDADES
Cidade de Indonesia, capital do arquipélago das Molucas, á beira do mar de Banda (208.898 h [1980]). Situada na illa de Ambon, de relevo montañoso, posúe unha fortaleza, a de New Victoria que domina o porto e a cidade. En 1512 instaláronse os portugueses, atraídos polo comercio de especias, concretamente o cravo, ata que foron suplantados polos holandeses en 1600, que impediron todo intento de establecemento por parte dos británicos, os que, de todos os xeitos, ocupárona nos períodos de 1796-1802 e 1810-1814. Durante a Segunda Guerra Mundial foi tomada polos xaponeses, ata a súa incorporación a Indonesia, en 1949.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santa María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un e mais o outro, os dous. Cando vai modificando a un substantivo, vai acompañado do artigo dando como resultado as formas: ámbolos/ámbalas ou ambos os/ambas as. Normalmente vai xunto ao numeral dous/dúas remarcando esa dualidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santa María.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula propia do sangue e doutros líquidos orgánicos dos invertebrados, capaz de provocar movementos ameboides; adoita ter unha función fagocitaria.
-
-
Tipo de movemento que presentan principalmente as amebas e algunhas outras células (mixamebas, leucocitos, etc), provocado pola emisión de pseudópodos. O movemento ameboide vai ligado á fagocitose.
-
Semellante a unha ameba nos seus movementos, cambios de forma ou morfoloxía xeral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.
-
-
Que non sofre metamorfose.
-
Aqueles insectos que se asemellan ao adulto da súa especie dende o nacemento e que non presentan metamorfose. Teñen desenvolvemento directo, e o crecemento dos novos ten lugar a través dunha serie de mudas. Son ametábolos os insectos apterigotos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos da subclase dos pulmonados, mariños, que viven na desembocadura dos ríos ou nas baías profundas, semienterrados na area. Son propios de Nova Celandia.
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra, segunda muller de Enrique VIII. Filla de Thomas Boleyn e dama de honor da primeira muller de Enrique VIII, Catalina de Aragón. O seu matrimonio influíu na ruptura de Enrique VIII coa Igrexa de Roma. Nai da futura Raíña de Inglaterra Isabel I, morreu executada ao ser acusada de adulterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A partir de Homero, enténdese por anábole o preludio instrumental que introduce un canto. Máis tarde ampliouse o significado para designar calquera coral lírica non estrófica que avanza sen repeticións rítmicas ou métricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao anabolismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos de asimilación dos nutrientes (substancias simples) e a súa transformación en materia vivente (substancias complexas). É, por tanto, un fenómeno construtivo que inclúe procesos de síntese e require enerxía. Forma parte do metabolismo.