"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Que ou quen sofre erotomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome empregado, casual ou regularmente, para dirixirse ao ser amado. Cómpre consideralo un tipo de hipocorístico, xa que implica algún elemento do mundo físico ou relacionado co amor sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para formar unha escara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas insolubles en auga, alcol ou disolucións diluídas de ácidos, álcalis e sales que actúan como elementos básicos estruturais e protectores nos animais superiores. Entre as escleroproteínas típicas están o coláxeno, a elastina e as queratinas. Coñécese tamén como proteína fibrosa Q.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana externa do globo ocular, formada por feixes de fibras de coláxeno imbricados de forma irregular, que se estende dende a córnea ao nervio óptico. Na parte posterior ten unha serie de orificios que constitúen a lámina cribosa, por onde saen as fibras do nervio óptico. É opaca, branca e resistente, e corresponde á zona do branco do ollo. Ten como función soportar e protexer as estruturas internas do ollo e servir de base para a inserción da musculatura extrínseca ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esclerótica ou á esclerose.

    2. Que padece esclerose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao escroto.

    2. Aplícase ao aspecto da lingua nalgúns enfermos que padecen sífilis hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa de pel fina e rugosa que recobre os testículos na súa parte exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hernia que se produce no escroto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relicario que contén fragmentos da cruz de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Faye Dunaway, debutou en Broadway da man de Elia Kazan. Posteriormente, acadou certa sona con Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn. Interveu, entre outras, nas películas The Arrangement (O compromiso, 1969), Chinatwon (1974), Network (Un mundo implacable, 1976), coa que conseguiu un Oscar, Mommie Dearest (Queridísima mamá, 1981), Barfly (O borracho, 1987), The Handmaid’s Tale (O conto da doncela, 1990), Arizona Dream (1992), The Temp (1993), Don Juan de Marco (1994) e En brazos de la mujer madura (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico organofosforado que actúa como insecticida non sistémico activo por inxestión e contacto. Está autorizado en árbores froiteiras, viñas, cereais, arroz, plantas de horta (excepto crucíferas), plátano e árbores ornamentais. Catalogado como de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación limítase durante a época de floración das árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Licenciouse en Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou traballos de investigación en Perú, EE UU e en España, onde fixo traballos de campo no Bierzo, en Monfero e na vila de Betanzos. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña, entre as súas monografías compre subliñar: Jerarquía, espazo y sociedad en tierras de Monfero (1982), Antropología de un viejo paisaje gallego (1984), Espacio y vida en la ciudad gallega (1992). En colaboración con Maria del Pilar Irimia publicou Betanzos frente a su historia: ciudad y patrimonio (2000). Dirixiu diversos proxectos de investigación entre os que destacan Mundo rural e mundo urbano en las villas gallegas e Dinámicas cidadás en Ferrolterra. Membro da Comisión de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega e da sección de etnografía do Instituto Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e liturxista francés. Monxe beneditino, estudiou os manuscritos visigodos do mosteiro de Silos e da antiga liturxia hispana. Das súas obras destacan as edicións do Liber Ordinum en usage dans l’Église wisigothique et mozarabe d’Espagne du cinquième au onzième siècle (Liber Ordinum que usaba a igrexa visigoda e mozárabe de España entre os ss V e XI, 1904) e do Liber Mozarabicus Sacramentorum et les manuscrits mozarabes (Liber Mozarabicus Sacramentorum e os manuscritos mozárabes, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína conxugada que contén ferro no seu grupo prostético. Distínguense as hemoproteínas, que teñen o grupo prostético hemo; as ferredoxinas, sen grupo hemo, que participan en diferentes procesos de oxidación-redución; e as deshidroxenases, a de NADH e a de sucinato, que conteñen Fe non hemático e interveñen no transporte electrónico das mitocondrias. En xeral, teñen de 2 a 8 átomos de Fe e o mesmo número de átomos de S por molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico do ferro e dos seus compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica fotográfica que se empregaba para obter probas positivas directas a partir dun negativo. Inventada por Adolphe Alexandre Martin en 1852, consistía en estender unha capa fotosensible de colodión nunha fina placa metálica, cuberta con verniz negro ou marrón escuro. O revelado realizábase cunha mestura de sulfato de ferro, ácido acético e alcol; a imaxe positiva aparecía polo branqueamento con bicloruro de mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e titanio, cun 28 a 75% de Ti, que se emprega na obtención de aceiros especiais, en aliaxes lixeiras e como desoxidante. Para esta última finalidade obtense en alto forno; para a obtención de aliaxes utilízase o ferrotitanio producido por aluminotermia ou silicotermia, que ten unha porcentaxe de C inferior a 0,16.

    VER O DETALLE DO TERMO