ferroproteína

ferroproteína

(< ferro- + proteína)

s f [BIOQ]

Proteína conxugada que contén ferro no seu grupo prostético. Distínguense as hemoproteínas, que teñen o grupo prostético hemo; as ferredoxinas, sen grupo hemo, que participan en diferentes procesos de oxidación-redución; e as deshidroxenases, a de NADH e a de sucinato, que conteñen Fe non hemático e interveñen no transporte electrónico das mitocondrias. En xeral, teñen de 2 a 8 átomos de Fe e o mesmo número de átomos de S por molécula.