ferroníquel
(
-
s
m
[IND]
Aliaxe de níquel, cun 34-90% de Ni, co ferro e, ademais, eventualmente, con algún outro metal, como o cromo, o molibdeno ou o manganeso, no que o ferro presenta unha estrutura totalmente austenítica. Esta propiedade, xuntamente cos efectos producidos pola presenza do Ni, confírenlles aos ferroníqueles unhas características especiais, que permiten a súa clasificación en catro grandes grupos: os ferroníqueles de baixo coeficiente de dilatación ou de dilatación controlada, nos que a dilatación se pode considerar nula; os ferroníqueles de variación controlada do módulo elástico, que conteñen pequenas cantidades de cromo, tungsteno, silicio e manganeso; os ferroníqueles de propiedades magnéticas especiais, de baixa ou de alta permeabilidade magnética e de permeabilidade constante; e, finalmente, os ferroníqueles para resistencias eléctricas.
-
s
m
[MINERAL]
Mineral de ferro que contén níquel en proporcións moi variables e que ten unha estrutura de malla cúbica centrada. É pouco abundante, e forma a parte metálica principal dos siderólitos.