"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • Juan Bautista Armada Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Carlos II, o 6 de maio de 1675, a Baltasar Pardo de Figueroa Lupidana, aínda que o título recaeu no seu fillo máis vello Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior. A esta liñaxe pertenceron o militar Baltasar Pardo de Figueroa (?-1808) e o poeta Juan Bautista Armada Losada. No s XVIII o vizcondado de Fefiñáns pasou á súa propiedade. Leva as armas dos Figueroa: en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa; no timbre, coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Como ministro de Guerra (1906-1909) instaurou o servizo militar obrigatorio. Foi presidente da República entre 1910 e 1914 e houbo de enfrontarse a graves axitacións populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao comité executivo do Partido Galego Social Demócrata e contribuíu á constitución do Consello de Forzas Políticas, que defende a ruptura democrática e a instauración dun estado confederal. Participou na fundación de diversas iniciativas culturais como a editorial SEPT, A Nosa Terra, e a Asociación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, da que tamén foi presidente. Preside a Associação Amizade Galiza-Portugal, a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e a Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. Fundador e director das revistas da lusofonía Nós, Cadernos do Povo, Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, encabezou as delegacións de Galicia nos Encontros de Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa en Rio de Janeiro (1986) e en Lisboa (1990). Forma parte do equipo investigador do Centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Administración de Empresas, foi presidente de Coca-Cola para México e América Latina e posteriormente director do Grupo Fox, dedicado á rama agroindustrial. Foi gobernador do estado de Guanajato (1995-1999) e, desde o 2000, presidente da República polo Partido Acción Nacional (PAN). Levou adiante a Reforma Constitucional sobre Derechos y Culturas Indígenas, rexeitada polos zapatistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico belga coñecido como Jacques Feyder. Foi un dos creadores do naturalismo poético cinematográfico. Foi premiado na Mostra de Venezia en 1936 por La kermasse héroïque. Outros filmes seus son Carmen (1926), Thérèse Raquin (1928) e Pension Mimosas (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pertence a unha parroquia ou freguesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de fieis dunha parroquia.

    2. Xurisdición dunha parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa básica na ordenación territorial portuguesa, inferior ao concelho. Aínda que é da mesma natureza ca a parroquia galega, a diferenza desta, a lexislación portuguesa recoñécelle unhas institucións de goberno propias, a Assembleia de Freguesia e a Junta de Freguesia. A Assembleia de Freguesia é o órgano deliberativo da freguesia, elixido por sufraxio universal. O número dos seus membros varía en función do censo: a lei determina que nas freguesias cun censo inferior aos 150 electores sexa substituída polo conxunto (Plenário) dos cidadáns electores. A Assembleia celebra xuntanzas ordinarias nos meses de abril, xuño e setembro, aínda que a súa Mesa, o presidente da Junta de Freguesia, un terzo dos seus membros ou unha porcentaxe dos electores, poden requirir a convocatoria dunha xuntanza extraordinaria. Á Assembleia compétenlle, entre outras atribucións, elixir os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jacques Baulot.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Friburgo ou aos seus habitantes

    2. Natural ou habitante de Friburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1851-1873). Bispo de Jaca (1847-1852), foi nomeado cardeal da Igrexa romana polo Papa Pío IX en 1862. Influído polo auxe do xornalismo fundou o Boletín (1862), en busca da defensa da ortodoxia católica e dos dereitos da Igrexa. A aplicación da lei desamortizadora de Madoz (1855) e, principalmente, a supresión do foro eclesiástico (1868) marcou a ruptura entre o cardeal e o goberno español. Foi procesado polo goberno ante a súa negativa a facilitar a relación de eclesiásticos que pasaron ao bando carlista trala supresión dos foros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Oficial da Mariña desde 1832, foi nomeado comandante xeneral de Ferrol en 1864. Na lexislatura 1869-1871 foi deputado pola provincia da Coruña e senador en 1871-1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e debuxante. Inicialmente traballou como mecánico. Co estalido da Guerra Civil española alistouse no V rexemento de Líster. En decembro de 1938 fixérono prisioneiro e internárono no cárcere de Yeserías. En Torrijos compartiu prisión co poeta Miguel Hernández. Unha vez liberado, traballou no diario Imperio e en Radio Zamora; ademais enviaba debuxos a La Codorniz e Hermano Lobo. Marchou a Madrid e despois dun monólogo improvisado no teatro Fontalba, montou unha compañía coa que percorreu toda España e Marrocos. En 1959 realizou unha xira por Cuba e México e a partir de 1962 decidiu ir a América; alí foi correspondente do semanario Triunfo e de Sábado Gráfico. Ademais, colaborou con Diario 16. Coa chegada da democracia regresou a España e participou en numerosos programas de televisión e radio. Participou nos filmes El hombre que viajaba despacio, Dónde pongo este muerto?, El Ceniciento, Sitiados en la ciudad, El Presidio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Göteborg ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Göteborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Dirixente do Partido Trabalhista, foi ministro de Traballo en 1953 e vicepresidente en 1956. Reelixido neste último cargo en 1960, durante a presidencia de J. Quadros, coa renuncia deste asumiu o seu cargo. Foi derrocado por un golpe militar en 1964 e exiliouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V, o 13 de setembro de 1729, a Pedro de Castro Salazar y Figueroa, señor de San Xían de Cela, primeiro duque da Conquista, cabaleiro da orde de Santiago e vicerrei de México (1740-1742). En 1803 pasou aos Villarroel e trala morte sen sucesión de María de la Natividad Quindós y Villarroel o marquesado foi rehabilitado no descendente dun irmán do primeiro marqués, Ignacio de Arenillas y López de Chaves. As súas armas son escudo terciado en pao: o primeiro, de prata, con seis roeles de azur; o segundo, de goles, con trece estrelas de ouro; e o terceiro, de ouro, con cinco follas de figueira de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro fundado en Guadalupe (Cáceres) onde, segundo a lenda, se apareceu a Virxe a un pastor. O primitivo santuario foi reformado por Afonso XI trala Batalla do Salado e en 1389 converteuse en mosteiro dos xerónimos. A igrexa vella é de estilo gótico mudéxar (s XV), a sancristía, o camarín e o retablo maior son do s XVIII e a igrexa nova é do s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1879 e Patrimonio da Humanidade en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador cinematográfico. Autor de diversas obras sobre os medios de comunicación audiovisual: La televisión (1965), Historia del cine (1969), McCarthy, la caza de brujas (1970), El lenguaje de los cómics (1972), Comunicación y cultura de masas (1977) ou 100 años de cine (1982). Codirixiu, con Vicente Aranda, a película Brillante porvenir. En 1990 foi nomeado presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine. Foi guionista de Espérame en el cielo (1987) e El llarg hivern (1991). Foi galardoado co Premi de Cinematografia da la Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francés, condestable de Francia (1370-1380), duque de Molina e conde de Longueville, de Borja (1366-?) e de Lemos (1369-1370). Armado cabaleiro (1357), loitou xunto ao delfín de Francia e venceu os navarros en Cocherel (1364). Nomeado camarlengo de Carlos V de Francia e capitán das Compañías Brancas, foi enviado a Castela para axudar a Enrique de Trastámara no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Trala vitoria de Montiel (1369) recibiu de Enrique II o título de conde de Lemos, que lle revendeu ao monarca antes de regresar a Francia (1370). Foi soterrado en Saint Denis con honores reais.

    VER O DETALLE DO TERMO