"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Anatomista e cirurxián inglés. É autor de traballos moi importantes sobre a estrutura dos glomérulos renais (cápsula de Bowman), a capa superficial da córnea (membrana de Bowman) e as glándulas da rexión olfativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar destinado á asistencia técnica e aos servicios auxiliares das máquinas que participan nunha carreira de automóbiles e de motocicletas. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Na hípica, cercados onde se reúnen os cabalos antes dunha proba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pel de tenreira adobada ao cromo, orixinalmente tinxida de negro e acabada de abrillantar en liso. Denomínase normalmente coa abreviatura box.
-
VER O DETALLE DO TERMO
buxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o boxeo. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Practicar o deporte do boxeo. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia do Pindo (concello de Carnota), situada ao S do Porto do Pindo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Deporte individual de combate baseado no uso regulamentario dos puños e nas accións combinadas de ataque e defensa contra un adversario. Para os gregos esta era unha das principais probas atléticas. En época dos romanos o pugilatus foi moi popular, pero despois perdeu o carácter deportivo. Na época contemporánea, a práctica do boxeo comezou en Inglaterra (finais do s XVIII), case sempre de xeito ilegal; tiña un grande atractivo debido ás fortes apostas. O marqués de Queensberry (1865) regulamentou o emprego das luvas protectoras, introducidas por Jack Brougthon, e limitou os combates a un número de nove asaltos. Desde Inglaterra, o boxeo estendeuse rapidamente a Europa e EE UU. Neste primeiro período destacaron Jacob e Tom Hyer, John L. Sullivan, James J. Corbett, Robert L. Fitzsimmons, James J. Jeffries e Tommy Burns. Dispútanse os combates sobre un ring limitado por doce cordas. Un árbitro, asistido por un número variable de xuíces, dirixe o combate e decide quen é o...
-
savate.
-
ariedade do boxeo practicada en Tailandia. Baséase no uso regulamentario das mans e dos pés. Os participantes empregan guantes de boxeo e combaten descalzos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de can gardián orixinario de Alemaña semellante ao buldog, pero dunha altura superior, que oscila entre os 50 e 60 cm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha sociedade secreta chinesa de carácter xenófobo creada a raíz da derrota chinesa fronte aos xaponeses (1895) e por mor das presións político-económicas das potencias europeas a finais do s XIX. A revolta dos bóxer (1900) foi a expresión deste descontento nacional chinés ante a presenza occidental. En 1898 comezou a manifestarse no norte de China a agrupación Yihequan ‘puños de xustiza e concordia’, procedente da Bailian hui, onde o boxeo ocupaba un lugar importante dentro das súas actividades. Do termo inglés boxer (boxeador) deriva o nome do movemento. Os bóxers identificáronse cos tuan, milicias locais, e obtiveron axuda dalgúns elementos na corte manchú, rompendo coa tradición lexitimista doutras sociedades secretas que aspiraban á restauración da antiga dinastía Ming. Adoptaron o lema: defensa dos Qing (manchús) e destrución dos estranxeiros. Recrutaron partidarios entre os campesiños sen terra e os desocupados. Non obstante , os seus...
-
XACEMENTOS
Xacemento situado no litoral inglés, sobre unha plataforma de area que se constituíu nunha época quente preto dunha lagoa; bioestratigraficamente debe situarse no Cromerense (0,5 Ma). Neste xacemento aparece asociada fauna, unha tibia humana e diversos artefactos en sílex local. Os artefactos, bifaces ovalados, débris (produtos da labra rexeitados) e útiles sobre lasca (raspadeiras), atópanse en grandes concentracións e testemuñan o traslado e manufacturación da materia prima no mesmo lugar de habitación. Estes obradoiros son un fenómeno raro no Paleolítico inferior, aínda que no medio son máis comúns.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte avultada e convexa que constitúe a barriga de certos obxectos como botellas, vasillas, bocois, etc.
-
Ventre avultado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
explorador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano do movemento explorador internacional. A decisión da súa creación tomouse na Jamboree de 1920. Tivo a súa sede en Londres ata 1958, ano no que se trasladou a Ottawa, en Canadá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tadeusz Zelẹński.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (23.189 km 2; 1.174.031 h [estim 1997]). A súa capital é Tunja (118.406 h [estim 1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra da Independencia do vicerreinado de Nueva Granada acontecida o 8 de agosto de 1819. As tropas de Simón Bolívar derrotaron o exército real do xeneral Barreiro que se dirixía a Bogotá. Con esta vitoria, Bolívar asegurouse a independencia do vicerreinado.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi organista da Capela Real de Londres dende 1736. Entre a súa produción destaca o oratorio David’s lamentation over Saul and Jonathan (1736) e a pastoral The Chaplet (1749). Editou Cathedral Music (Música da catedral, 1760-1773), colección de servicios compostos por Purcell e Orlando Gibbons, entre outros. Compuxo gran número de himnos, oratorios e sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico británico, primeiro barón de Brechin. Estudiou a erosión do solo e o desenvolvemento da metodoloxía agrícola moderna, especializándose en Dietética. Rector e chanceler da Universidade de Glasgow (1942-1946), foi presidente da FAO (1945-1948). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1949 polos seus esforzos por eliminar a fame no mundo. Escribiu: Food, health and income (Alimentos, saúde e ingresos, 1936), Food and the people (A alimentación e a xente, 1943), The white man’s dilemma (O dilema do home branco, 1953) e As i recall (Como eu reclamo, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa e novelista sueca. Escribiu Moln (Nubes, 1922), Kallocain (1940) e De sju dödssynderna (Os sete pecados capitais, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO